Xornada de Lingüística Galega e Portuguesa

Data: 
venres, Outubro 23, 2015 - 03:15
Imaxe: 

Os profesores e investigadores do Instituto da Lingua Galega Elisa Fernández Rei e Francisco Dubert García participaron o día 23 de outubro nunha xornada sobre lingüística galega e portuguesa organizada pola Universidade Estadual de Campinas (São Paulo, Brasil). 

Ambos os profesores impartiron senllas conferencias no Instituto de Estudos da Linguagem. Elisa Fernández Rei desenvolveu o relatorio «As fonoloxías do galego e do portugués en comparación», mentres que Francisco Dubert García presentou as conferencias «Morfoloxía flexiva galega: aspectos comparativos e dialectais» e «A sintaxe do galego e do português: uma abordagem comparativa», esta última en colaboración coa profesora Charlotte Galves, da Universidade Estadual de Campinas.