XII Congreso Internacional da AIEG

Do 10 ao 15 de setembro tivo lugar en Madrid o XII Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos: Novos horizontes para unha Galicia global.
Neste encontro participou o seguinte persoal investigador do ILG:
- 
Alba Aguete Cajiao: "O vocalismo da mocidade universitaria actual" 
- 
Concepción Álvarez Pousa: "O vianés e o galego da área zamorana. Particularidades en común destas variedades do galego oriental" 
- 
Elisa Fernández Rei / Xosé Luís Regueira: "Neofalantes e paleofalantes: a emerxencia de novas identidades sociolingüísticas" 
- 
Ernesto González Seoane / Rosario Álvarez: "Ferramentas para o estudo da produción escrita en galego na Idade Moderna. Aspectos metodolóxicos da edición e anotación dos textos en Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna" 
- 
María Beatriz Domínguez Oroña: "Variación sintáctica no galego actual: a causativización" 
- 
Marta Negro Romero: "Nocello, noelo, tornecelo... Variación léxica e mudanza no galego contemporáneo" 
- 
Ramón Mariño Paz / Ricardo Pichel Gotérrez: "O mecenado señorial da prosa literaria e historiográfica na Galiza baixomedieval" 
- 
Reyes Rodríguez Rodríguez / Patricia Blanco Estévez: "Achega sociolingüística sobre os falantes de Entrimo" 
- 
Ricardo Pichel Gotérrez: "A recepción galega da obra xurídica de Afonso X. Dous novos testemuños da Quinta Partida" 
- 
Vítor Míguez: "Modalidade epistémica e mudanza lingüística: os adverbios en -mente na historia da lingua" 
- 
Xavier Varela Barreiro / Ricardo Pichel Gotérrez: "Revisitando Margot Sponer, pioneira na edición de textos medievais" 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  
