Reorganizações do quadro pronominal na história do português

Data: 
luns, Abril 4, 2016 - 19:00
Imaxe: 

O venres día 8, ás 13 horas no seminario A do ILG, Leonardo Lennertz Marcotulio, profesor da Faculdade de Letras da Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ), realizou unha exposición co título Reorganizações do quadro pronominal na história do português.

Na historia do portugués, a inserción da nova forma gramaticalizada você (proveniente do tratamento nominal Vossa Mercê) como pronome de 2ª persoa do singular, na posición de suxeito (nominativo), carretou unha serie de reorganizacións no que se refire ao restante do cadro pronominal (formas acusativas, dativas, oblicuas e xenitivas). A implantación das formas do paradigma de você, que pasan a coexistir e disputar espazo coas formas orixinais de 2ª persoa do paradigma de tu, non se deu, no entanto, da mesma forma e nin na mesma velocidade. Nese sentido, de modo a discutir a reorganización do cadro pronominal de 2ª persoa no portugués brasileiro a partir da entrada de você, o obxectivo do traballo, que parte dun corpus constituído de cartas escritas no Río de Janeiro nos séculos XIX e XX (Corpus Compartilhado Diacrônico de Cartas Pessoais, dispoñible en http://www.letras.ufrj.br/laborhistorico) e  dun cadro teórico-metodolóxico que concilia a sociolingüística variacionista laboviana (Weinreich, Labov e Herzog 1968) coa sociolingüística histórica (Hernández-Campoy e Conde Silvestre 2012), é mapear diacronicamente como foi se configurando ese novo sistema de tratamento de 2ª persoa do singular, analizando a correlación entre a posición de suxeito (tu ou você) e as formas empregadas como complemento verbal -  acusativo (te~lhe~você~o/a), dativo (te~lhe~prep.+ti~prep.+você), oblicuo (prep.+ti~você) - e como xenitivo (teu~seu).