A MLA (Modern Language Association) aproba a creación dun foro de estudos galegos

Data: 
luns, Novembro 17, 2014 - 20:30
Imaxe: 
O pasado día 13 de novembro a dirección executiva da Modern Language Association aprobou a creación dunha sección de estudos de lingua, literatura e cultura galegas. A proposta da creación desta sección foi presentada o ano pasado co apoio de máis de trescentas sinaturas. O Comité executivo da sección formarano Kirsty Hooper (Universidade de Warwick, UK), Eugenia Romero (Ohio State University, USA), Obdulia Castro (Regis College, USA) e Gabriel Rei-Doval (Universidade de Wisconsin-Milwaukee, USA).
 
A MLA é unha asociación americana de estudosos de lingua e literatura fundada en 1883 e que na actualidade conta con preto de 28.000 asociados en 100 países distintos.