II Congreso Internacional de Dialectología de Euskaltzaindia

Data: 
mércores, Marzo 13, 2019 - 10:45
Imaxe: 

Do 13 ao 15 de marzo tivo lugar no Museo Vasco de Bilbao o congreso Diversidad: vocablos y voces de las variantes lingüísticas. II Congreso Internacional de Dialectología de Euskaltzaindiaorganizado por Euskaltzaindia (Real Academia de la Lengua Vasca).

Neste encontro participaron dous investigadores do ILG. O profesor Xulio Sousa falou na súa comunicación sobre os retos e os proxectos da investigación xeolingüística en Galicia. Pola súa banda, o profesor Manuel González González abordou na súa charla os fenómenos dialectais no establecemento da norma da lingua galega.

No programa do congreso é salientable a presentación da exposición Euskara Ibiltaria, na que se recollen vídeos, audios, xogos, crebacabezas e textos relacionados coa obra Euskararen Herri Hizkeren Atlasa (Atlas Lingüístico das Variedades Locais do Vasco). A exposición pode visitarse no Museo Vasco de Bilbao entre o 13 de marzo e o 16 de xuño.