I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos

Data: 
luns, Abril 13, 2015 - 14:00
Imaxe: 

O Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas da Universidade Federal da Bahia celebrou entre os días 13 e 15 de abril de 2015 o I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos, en homenaxe á profesora Rosario Suárez Albán.

O obxectivo deste encontro é intensificar o diálogo intelectual entre investigadores brasileiros e estranxeiros de diferentes universidades que se dediquen aos estudos galegos. Deste xeito, a través da lingüística, da literatura e da cultura preténdese crear un espazo produtivo de discusión sobre diferentes aspectos lingüísticos, filolóxicos, literarios, antropolóxicos ou culturais relacionados con Galicia.

Os investigadores do ILG Xulio Sousa e David Rodríguez Lorenzo formaron parte da Comisión científica do encontro. David Rodríguez Lorenzo formou parte tamén da Comisión organizadora. Ademais deles, tamén participaron neste congreso os seguintes investigadores do ILG:

  • Rosario Álvarez: "Do Atlas Prévio dos Falares Baianos ao Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués" e "Galicia doutro lado do Atlántico" [conferencia de clausura]

  • Ana Isabel Boullón Agrelo: "Descrición do sistema antroponímico galego"

  • Henrique Monteagudo: "Do galego ao portugués brasileiro: sistema e comunidade lingüística"

  • Gonzalo Navaza: "Toponimia galega"

  • David Rodríguez Lorenzo: "Um tesouro a ser revelado: o projeto opera omnia de Rosario Suárez Albán e as suas derivações" [con Juan Boullosa e Mailson Lopes] e "Galega e baiana. Rosário Suárez Albán e os estudos galegos na Bahia" [con Paco Vila]