ELG, clasificada como A2 en Qualis Periódicos

Data: 
martes, Maio 30, 2017 - 11:15
Imaxe: 

Na última actualización de Qualis Periódicos (CAPES, Brasil), a correspondente a 2015, a revista Estudos de Lingüística Galega foi clasificada coa categoría A2. É salientable o ascenso de ELG nesta listaxe, xa que subiu un posto con respecto á última clasificación, na que se lle atribuía unha categoría B1.