1 ELI

Data: 
Viernes, Septiembre 16, 2016 - 15:00
Imaxe: 

Os días 16 e 17 de setembro tivo lugar na localidade portuguesa de Covilhã o 1 Encontro de Línguas Ibéricas - Conferências Internacionais de Linguística, organizado polo departamento de Letras da Universidade da Beira Interior (UBI).

Trátase dunhas xornadas dedicadas a todas as linguas faladas na península ibérica, tanto oficiais como non-oficiais. A idea do persoal organizador é contar en cada edición coa presenza de especialistas en diferentes linguas ou variedades lingüísticas, e os dous idiomas ibéricos convidados este ano son o galego e o sefardí.

A profesora e investigadora do ILG Rosario Álvarez foi convidada a este encontro, onde pronunciou unha conferencia titulada "Galego e portugués: afinidade e diverxencia". Ademais, Rosario Álvarez e Ramón Mariño Paz, tamén investigador do ILG, forman parte da comisión científica do congreso.