Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.
Actividades
Actividades futuras
-
28/11/23
-
Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica
16/10/23Este curso será impartido pola profesora Elisângela Santana dos Santos, da Universidade do Estado da Bahia, do 16 ao 18 de outubro na sala B10 da Facultade de Filoloxía da USC.
-
09/10/23
A II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas.
Histórico de actividades
-
21/09/23
O xoves 21 Cecilia Farias, da Universidade de São Paulo, conversará na segunda sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu mes de estadía.
-
14/09/23
Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.
-
20/07/23
Neste curso, impartido pola profesora Marta Estévez Grossi, integrante do grupo de investigación MetalingüisTICa da USC, exploraranse as potencialidades do sofware MAXQDA, un dos programas máis recoñecidos e utilizados a nivel mundial, así como as súas aplicacións prácticas para investigacións na área da lingüística aplicada (análise do discurso, análise do contido etc.).
-
22/03/23
O Instituto da Lingua Galega colabora coa organización do simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa, coordinado por Facundo Reyna-Muniain (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / Instituto da Lingua Galega, USC) e Craig Willis (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / EU Flensburg).
-
17/03/23
O profesor visitante no ILG Takeshi Kakihara, da Universidade Kwansei Gakuin (Xapón), ofrecerá o venres 17 de marzo, ás 12:30 h, a conferencia O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego.