Actividades

Histórico de actividades

  • 12/02/19

    O obxectivo deste curso é ofrecer unha introdución ao sistema de composición de textos LaTeX. Sería de especial interese para persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento e/ou que traballen no ámbito da lingüística, mais pode servir de introdución para calquera persoa que non coñeza LaTeX.

  • 30/01/19

    O profesor Héctor Muñoz Cruz analizará a importancia, a natureza e a estrutura lóxico-discursiva de razoamentos, actitudes e algunhas outras formas de cognición social sobre a diversidade lingüística e a comunicación intercultural expresadas en actividades reflexivas de falantes e de institucións.

  • 12/11/18

    Neste simposio pretendemos mostrar posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular.

  • 25/01/18

    Como nas edicións anteriores do Coloquio Lingüística Histórica, nesta 5ª edición propóñense camiños de exploración interdisciplinar, nesta ocasión compartidos coa toponomástica.

  • 20/11/17

    Co título de "Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna", o Simposio ILG 2017 convocará entre o 20 e o 22 de novembro especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en galego ao longo dos ss. XVI, XVII e XVIII.

Páginas