Novidades

  • 09/05/25 !

    II Xeira CLARIAH-GAL

    II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

  • 27/03/25 !

    Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao

    No II Faladoiro contaremos con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora do ILG, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.

  • 17/03/25 !

    Nova lista de difusión de CLARIAH-GAL

    CLARIAH-GAL, nodo galego de CLARIAH-ES impulsado polo Instituto da Lingua Galega e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, conta desde hai uns días cunha lista de difusión para informar sobre as novidades relacionadas con as infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH e coas Humanidades Dixitais en xeral.