Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Vidaković Mukić, Marta

Creado por marija o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Marta Vidaković Mukić

Linguas de traballo / Work languages

Croata // Croatian

Información biográfica / Biographical information

1953 (Subotica, Iugoslavia) // 1953 (Subotica, Yugoslavia)

Traxectoria profesional / Career description

GAL Marta Vidaković Mukić é unha experta legal e lexicógrafa croata. Entre as súas principais liñas de investigación inclúese o Dereito Administrativo e Constitucional. Creceu na cidade de Subotica (Serbia) e trasladouse no 1971 a Zagreb (Croacia). Graduouse na Facultade de Dereito da Universidade de Zagreb no 1975 e dende entón ocupou numerosos cargos importantes, como o de Secretaria Xeral da Asociación de Provincias Croatas (2007-2014) e o de Defensora do Pobo adxunta ao Defensor do pobo (1996-2004). Tamén traballou no Instituto da República para a Administración Pública durante 16 anos, no Parlamento croata na Presidencia do Gabinete do Parlamento, na Comisión de Lexislación e no Comité de Eleccións e Nomeamentos durante 5 años. Publicou máis de cincuenta traballos académicos e cinco libros. A súa obra máis destacada é o General Legal Dictionary do 2006, dirixido a avogados, estudantes de dereito e ciencias políticas, a periodistas e políticos. O dicionario abrangue máis de 6.800 entradas que refiren a unha variedade de institucións e conceptos xurídicos. Contempla a lexislación croata e os institutos básicos de Dereito Comunitario e da Unión Europea. A segunda edición revisada e ampliada do 2015 ofrece un tratamiento máis completo de conceptos e institutos de Dereito da UE. ENG Marta Vidaković Mukić is a Croatian legal expert and lexicographer whose main lines of research include Administrative and Constitutional law. She grew up in the city of Subotica (Serbia) and moved to Zagreb (Croatia) in 1971. She graduated from the Faculty of Law, University of Zagreb in 1975 and has since then occupied numerous important positions, including the ones of the Secretary General at the Croatian County Association (2007-2014), or the Deputy ombudsman at National ombudsman (1996-2004). She has even worked at the Republic Institute for Public Administration for 16 years, the Croatian Parliament in the President of the Parliament's Cabinet, in the Legislation Committee, and in the Election and Appointment Committee for 5 years. She has published over fifty works and five books. Her most prominent work is the General Legal Dictionary from 2006, intended for lawyers, law students, political science students, journalists, and politicians. The dictionary contains over 6,800 entries that refer to a variety of legal concepts and institutions. It covers Croatian law, basic institutions of European Community (such as European Parliament, European Council etc.) and European Union law. The second revised and expanded edition from 2015 provides a broader treatment of concepts and institutions of EU law.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Dicionarios / Dictionaries: Vidaković Mukić, M. (2006). Opći pravni rječnik (`Dicionario xurídico xeral´ /` General Legal Dictionary ´). Zagreb: Narodne novine. Vidaković Mukić, M. (2015). Opći pravni rječnik (`Dicionario xurídico xeral´ /` General Legal Dictionary ´). Zagreb: Narodne novine. Outras publicacións (escolla) / Other publications (selection): Vidaković Mukić, M (1999). Djelovanje pučkog pravobranitelja u 1998. Godini (`As actividades do Defensor do Pobo en 1998´ / `The activities of the Ombudsman in 1998´). Zagreb: Informator, 1999. Vojnović, K., Scirković, Z., and Vidaković Mukić, M. (1993) ( eds.): Zbirka Zakona Kaznenog Prava Republike Hrvatske (procisceni tesktovi) (`Colección de Dereito Penal da República de Croacia (textos correxidos)´/ ` Collection of Criminal Law of the Republic of Croatia (corrected texts)´). Zagreb: Informator. Vidaković Mukić, M (2002): “Specific Problems Encountered in Strengthening Ombudsman Institutions in Southeast Europe: The Particular Challenges for Countries in a Post-Crisis Situation”, in Hucker J. Organization for Security and Co-operation in Europe Mission to Croatia”. Warsaw: Office for Democratic Institutions and Human Rights.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Fontes / Sources

Krmpotić, P. (2007). Marta Vidaković Mukić: Opći pravni rječnik (Narodne Novine d.d., listopad 2006.) https://www.semanticscholar.org/paper/Marta-Vidakovi%C4%87-Muki%C4%87%3A-Op%C4%87i-pravni-rje%C4%8Dnik-(Narodne-Krmpoti%C4%87/edd1ff7317ef667cbb52c146a5e716b6939be4ee Knjizara Ljevak. General Legal Dictionary / Dicionario Xurídico General, Editorial XXX: https://www.ljevak.hr/marta-vidakovic-mukic/18736-opci-pravni-rjecnik.html The Ombudsman Institution in Croatia: An Expert Analysis https://www.osce.org/files/f/documents/1/5/22036.pdf

Aut@r da entrada / Author of the entry

Marija Žarković

Tradución da entrada / Translation of the entry

Majo Domínguez Vázquez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios