Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Sanmarco Bande, María Teresa

Creado por Lola o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

María Teresa Sanmarco Bande

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Castelán, galego, italiano/ Spanish, Galician, Italian

Información biográfica / Biographical information

1970 (Galicia, España) / 1970 (Galicia, Spain)

Traxectoria profesional / Career description

GAL María Teresa Sanmarco é doutora en lingüística e profesora titular no departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2003. Imparte aulas no Grao en Lingua e Literatura Modernas (especialidade: italiano) e no Mestrado Mundus en Lexicografía (EMLex). É investigadora adscrita ao Instituto de Lingua Galega (ILG) e forma parte de diversos grupos (Filología Italiana, LICEI) e redes de investigación (RELEX). É coautora de varios dicionarios, autora dunha gramática contrastiva do italiano e estudosa do discurso de xénero e a relación entre a lexicografía e a cultura. A Prof. Sanmarco formouse como lexicógrafa no seo do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, etapa durante a cal traballou na compilación do dicionario italiano-galego /galego-italiano. As súas liñas de investigación principais -a lexicografía, a gramática e a lingüística contrastivas (italiano, galego, español) - , levarona a integrar o grupo de investigación interuniversitario LICEI , dedicado, entre outros, ao estudo da historia da lexicografía italoespañola. Entre os seus estudos e proxectos lexicográficos destacan tamén os vocabularios bilingües galego-italiano de linguas de especialidade do turismo cultural, como por exemplo, de arquitectura, pintura, escultura, gastronomía e hostelería. Adicouse tamén ao estudo de autores como Alfonso de Ulloa, Pasquale Fornari ou Emilio Martínez Amador. Dende o 2013 é membro de PORTLEX, MultiGenera e MultiComb, tres proxectos de lexicografía multilingüe que no seu desenvolvemento inclúen a aplicación de técnicas do procesamento e xeración da linguaxe natural. Xunto cos seus estudos sobre lexicografía e a súa didáctica, Maite Sanmarco participa activamente e organiza diferentes actividades en favor da divulgación e formación lexicográfica. Un exemplo son os diferentes eventos de lexicografía colaborativa, como as sucesivas edicións do EMLEX WIKTIONARY HACKFEST ou as iniciativas abertas que promoven a incorporación de perfís de mulleres na Wikipedia. ENG María Teresa Sanmarco holds a PhD in Linguistics and is a lecturer in the Department of Classical, French and Italian Philology at the University of Santiago de Compostela since 2003. She is a professor in the Degree in Modern Languages and Literatures ( major: Italian) and in the Master Mundus in Lexicography (EMLex). She is a researcher at the Galician Language Institute (ILG) and is a member of several groups (Italian Philology, LICEI) and research networks (RELEX). She is co-author of several dictionaries, author of a contrastive grammar of Italian and is particularly interested in gender discourse and the relationship between lexicography and culture. Prof. Sanmarco received her training as a lexicographer at the Galician Royal Academy's Lexicography Seminar, where she worked on the compilation of the Italian-Galician/Galician-Italian dictionary. Her main lines of research - lexicography, grammar and contrastive linguistics (Italian, Galician, Spanish) - led her to join the inter-university research group LICEI, dedicated, among others, to the study of the history of Italian-Spanish lexicography. Outstanding among her studies and lexicographical projects are the bilingual Galician-Italian vocabularies specialised in cultural tourism, such as architecture, painting, sculpture, gastronomy and hospitality business. She has also dedicated herself to the study of authors such as Alfonso de Ulloa, Pasquale Fornari and Emilio Martínez Amado. Since 2013, she has been a member of PORTLEX, MultiGenera and MultiComb, three multilingual lexicography projects that include the application of natural language processing and generation techniques in their development. Together with her studies on lexicography and its didactics, Maite Sanmarco actively participates in and organizes different activities that contribute to the dissemination and training of lexicography. One example is the different collaborative lexicography events, such as the consecutive editions of the EMLEX WIKTIONARY HACKFEST or the open initiatives that promote the incorporation of women's profiles in Wikipedia.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Libros/ Books: (2017) Lexicografía y didáctica. Diccionarios y otros recursos lexicográficos en el aula. Edición de María José Domínguez Vázquez e María Teresa Sanmarco Bande. Frankfurt:, Peter Lang, 413 pp. ISBN 978-3-631-66448-3. (2010) Domínguez Ferro, Ana Mª; González, Isabel; Sanmarco Bande, Mª Teresa: Vocabulario Galego-Italiano de Hostalería. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 230 pp. ISBN 9788498875331. (2002) Sanmarco Bande, Mª Teresa: Gramática Italiana I. Lugo: Citania. ISBN 84-8231-983-3. (2000) Isabel González (dir.); Blanco Valdés, Carmen; Buono, Benedict; Domínguez Ferro, Ana; De Frutos Martínez, María Consuelo; Gutiérrez Carou, Javier; Marchisio, Cristina; Montes, María; Pavanello, Alessandra; Sanmarco Bande, Mª Teresa: Dicionario Italiano-Galego. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2937-5. Revistas/ Papers: Martín Gascueña, Rosa & Sammarco Bande, María Teresa: "Falsos amigos léxicos y recursos lexicográficos electrónicos en el ámbito italoespañol", en LINCS 2019. Capítulos de libro/ Book chapters: (2016) Sanmarco Bande, María Teresa: «El diccionario en el aula: cómo mejorar las competencias de los usuarios», en Carmen F. Blanco Valdés, Il mezzogiorno italiano: riflessi e immagini culturali del Sud d’Italia. Firenze: Franco Cesati, pp. 933-941. ISBN 978-88-7667-595-9. (2015) Sanmarco Bande, María Teresa: «Tratamiento de los culturemas en la lexicografía italoespañola actual», en María José Domínguez Vázquez & Xavier Gómez Guinovart & Carlos Valcárcel Riveiro (eds.), Lexicografía de las lenguas románicas. Aproximaciones a la lexicografía moderna y contrastiva. Berlin: De Gruyter, pp. 423-440. ISBN 978-3-11-031033-7. Proxectos recentes/ Recent projects: (2019-2022) Lingua italiana in territori ispanofoni: analisi storiografica. LITIAS. (Ministero dell'Istruzione, dell'Università e della Ricerca, Progetto PRIN, Bando 2017, Prot. 2017J7H322). IP: Félix San Vicente (Università degli Studi di Bologna). (2017-2021) MultiComb. Generador multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo con aplicación en la producción en lenguas extranjeras (Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, FFI2017-82454-P). IP: María José Domínguez Vázquez (USC). (2017-2019) Generador multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo y automatización de extracción de datos sintáctico-semánticos. MultiGenera. (Ayudas Fundación BBVA a Equipos de Investigación Científica en el área de Humanidades Digitales 2017). IP: María José Domínguez Vázquez (USC). (2016-2018) Rede de Lexicografía RELEX (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ED341D R2016/046). IP: Dolores Sánchez Palomino (Universidade da Coruña). (2013-2015) PORTLEX. Portal lexicográfico: Diccionario online modular multilingüe y corpus informatizado anotado de la frase nominal (Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, FFI2012-32456) IP: María José Domínguez Vázquez (USC).

Ligazóns / Links

Páxina web persoal/ personal webpage: http://webspersoais.usc.es/persoais/mt.sanmarco/ Datos de interese / Interesting facts GAL Sanmarco contribúe, dende o seu campo de traballo, a causas sociais. Un exemplo é o desenvolvemento do proxecto “Artemisa.Crecimiento personal y empoderamiento de mujeres en dificultad social”, promovido pola Cruz Vermella. Na mesma liña, a lingüista traballa en prol da visibilización das mulleres no campo da ciencia. Unha pequena mostra da súa actividade neste terreo é a iniciativa Más mujeres en Wikipedia (http://hdl.handle.net/10347/15435), un proxecto levado a cabo en colaboración coa Prof. Calvo Iglesias, que ten como obxectivo o aumento e a mellora da información sobre mulleres científicas na Wikipedia e na Galipedia. ENG Sanmarco is involved, through her field of work, in social causes. An example is the development of the project "Artemisa: personal growth and empowerment of women in social difficulty", promoted by the Red Cross. In the same vein, the linguist works for the visibility of women in the field of science. A small example of her activity in this field is the initiative Más mujeres en Wikipedia (http://hdl.handle.net/10347/15435), a project carried out in collaboration with Prof. Calvo Iglesias, which aims to increase and improve the information on women scientists in Wikipedia and Wikipedia.

Fontes / Sources

Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela/ Website of the University of Santiago de Compostela: http://webspersoais.usc.es/persoais/mt.sanmarco/ Foto/ Photo: Enfócate Branding. Extracto de obra / Excerpt from work: Isabel González (dir.); Blanco Valdés, Carmen; Buono, Benedict; Domínguez Ferro, Ana; De Frutos Martínez, María Consuelo; Gutiérrez Carou, Javier; Marchisio, Cristina; Montes, María; Pavanello, Alessandra; Sanmarco Bande, Mª Teresa (200): Dicionario Italiano-Galego. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2937-5.

Aut@r da entrada / Author of the entry

Lola Mosquera Sánchez

Tradución da entrada / Translation of the entry

María José Domínguez Vázquez Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios