Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Rey-Debove, Josette

Creado por Maruxa o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Josette Rey-Debove

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Francés / French

Información biográfica / Biographical information

GAL Calais, Francia, 16 de novembro de 1929-Senegal,22 de febreiro de 2005. ENG Calais, France, November 16, 1929 - Senegal, February 22, 2005

Traxectoria profesional / Career description

GAL Josette Rey-Debove (1929-2005) foi una semióloga e lexicógrafa francesa, cunha traxectoria de indubidábel esplendor tanto en Francia e no Canadá como no resto do mundo. No seu país é especialmente recoñecida por ser membro dos equipos de redacción dos dicionarios Le Robert, lexicóns de absoluta referencia en Francia e publicados pola editorial homónima dende os anos sesenta. Entre estes repertorios destacan o pequeno, "Le petit Robert", que transformou o mundo dos dicionarios escolares e do que foi codirectora, e o grande, "Le grand Robert", unha obra monumental en seis volumes titulada “Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française”, traballo no que tamén participaron Alain Rey e Henri Cottez e do que foi secretaria de redacción. Ademais destas obras tan significativas, tamén cabe atribuírlle repertorios importantes como o “Dictionnaire méthodique du français actuel" (1982), o "Dictionnaire des anglicismes" (1991) ou "Le Robert du français langue étrangère” (1998). Falar de Rey-Debove non é falar soamente dunha gran facedora de dicionarios ou dunha lexicóloga e semióloga de renome na universidade francesa (na Soborna e na extinta Denis Diderot), senón dunha das persoas que máis influencia exerceu nas teorías lexicolóxicas modernas, especialmente nas europeas, transformadas polas súas contribucións. Neste eido, cabe atribuírlle o feito de situar a unidade léxica no centro dos estudos lingüísticos europeos. Conceptos xa moi habituais en lexicoloxía, como poden ser a definición relacional ou a definición substancial, remiten sempre á nosa autora. En palabras de Teresa Cabré (2006: 634), o seu legado teórico apuntou en tres direccións: «A metalinguaxe de descrición e representación do léxico, a estruturación morfosemántica do léxico e a organización interna das palabras». A súa carreira universitaria dá conta deste prestixio incrementado durante décadas. Licenciouse en Letras na Universidade da Soborna, institución na que defendeu a súa tese de doutoramento, “Estudo lingüístico e semiótico dos dicionarios franceses contemporáneos”, traballo que se converteu nun dos textos máis relevantes da súa carreira e cuxo título permite albiscar os dous eidos nos que Rey-Debove sobresaíu: a semiótica e a lexicografía. Con respecto á ciencia dos signos, compre salientar a súa obra “Ensaios de semiótica” (1971), na que contou coa colaboración de mulleres do talle de Jean Umiker e Julia Kristeva. Asemade, ademais de dirixir a comisión editorial da familia dos Robert e de ser unha entusiasta profesora universitaria, o seu espírito inquedo levouna a outras moitas angueiras: é preciso sinalar a súa estadía nos Estados Unidos, onde traballou na Universidade de Indiana Bloomington, de tanto impacto nos estudos lingüísticos, ou mesmo a impartición dende 2002 dun seminario sobre lexicoloxía na prestixiosa École des hautes études en sciences sociales. Por se fose pouco, cabe destacar o seu labor no Québec, onde contribuíu a pór en marcha a oficina quebequesa da lingua francesa nos anos 70, tempo en que se estableceu a Carta da lingua francesa. Esta oficina, na que fixo achegas sobre terminoloxía, neoloxía e metodoloxía do traballo terminolóxico, segue a ser unha referencia hoxe en día. A súa figura transcende o puramente lingüístico. Foi nomeada polo Ministerio de Funcións Públicas para dirixir varias comisións en diferentes procesos de reforma estatal, como o Conseil supérieur de la langue française en 1989 ou o Comité d’orientation pour la simplification du language administratif (COSLA) en 2002. Quizais isto non dea unha idea clara da muller comprometida que foi, afanada na defensa dos dereitos fundamentais, especialmente das mulleres, mediante este compromiso político e, sobre todo, mediante aquilo que como lingüista podía achegar ás persoas. Resulta moi expresiva a súa defensa da feminización do francés, en concreto no que concirne aos títulos e aos nomes das profesións (tradicionalmente en xénero masculino). Ese espírito reformista levouna a ser moi crítica nos seus artigos en prensa coa Academia francesa. As condecoracións e premios que recibiu ao longo dunha carreira de máis de cincuenta anos, así como o respecto e admiración dos seus colegas e alumnos, non dan cabida nun espazo tan miúdo como este, pero dan conta do peso incalculable desta muller no mundo académico francés, canadense e europeo. Basta botar unha ollada a calquera libro de lexicoloxía española e galega para achegarse ao enorme impacto do seu traballo. ENG Josette Rey-Debove (1929-2005) was a French semiologist and lexicographer, with a brilliant career in France and Canada as well as in the rest of the world. In her country she is especially known for being a member of the editorial teams of the Le Robert dictionaries, lexicons of absolute reference in France and published by the homonymous publishing house since the sixties. Among these repertories, the small one, “Le petit Robert”, which transformed the world of school dictionaries and of which she was co-director, and the large one, "Le grand Robert", a monumental work in six volumes entitled “Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française”, a work in which Alain Rey and Henri Cottez also participated and for which she was the editorial secretary. In addition to these significant works, she is also responsible for important repertories such as the "Dictionnaire méthodique du français actuel" (1982), "Dictionnaire des anglicismes" (1991) or "Le Robert du français langue étrangère" (1998). To speak of Rey-Debove is not only to speak of a great dictionary maker or of a semiologist and lexicographer of reference in French universities, but of one of the most influential persons in modern lexicological theories, especially in Europe, transformed by her contributions. In this field, she can be credited with having placed the lexical unit at the center of European linguistic studies. Concepts already very common in lexicology, such as relational definition and substantial definition, always point to our author. In the words of Teresa Cabré, her theoretical legacy points in three directions: “The metalanguage of description and representation of the lexicon, the morphosemantic structuring of the lexicon and the internal organization of words”. Her university career testifies to this prestige, which has been growing for decades. She graduated in Letters from the University of Soborna, where she defended her doctoral thesis, “Linguistic and semiotic study of contemporary French dictionaries”, a work that became one of the most important texts of her career and whose title allows us to glimpse the two fields in which Rey-Debove excelled: semiotics and lexicography. Regarding the science of signs, it is worth mentioning her work “Essays on Semiotics” (1971), in which she had the collaboration of women of the stature of Jean Umiker and Julia Kristeva. At the same time, in addition to leading the editorial committee of the Robert family and to being an enthusiastic university professor, her restless spirit led her to many other achievements: we should point out her stay in the USA, where she worked at the Indiana University Bloomington, an institution that had such an impact on linguistic studies, and even delivery a seminar on lexicology at the prestigious École des Hautes Études en Sciences Sociales since 2002. However, it is worth mentioning her work in Quebec, where she contributed to the creation of the Quebec French language bureau in the 1970s, when The Charter of the French Language was established. This office, where she made contributions on terminology, neology and methodology of terminology work, remains a point of reference today. Her figure transcends the purely linguistic. She was appointed by the Ministry of Public Functions to lead several commissions in different state reform processes, such as the Conseil supérieur de la langue française in 1989 or the Comité d'orientation pour la simplification du language administratif (COSLA) in 2002. Perhaps this does not give a clear idea of the committed woman she was, diligent in defending fundamental rights, especially those of women, through this political commitment and, above all, through what she was able to do as a linguist. Her defense of the feminization of French is particularly expressive, especially with regard to the titles and denominations of professions (traditionally in the masculine gender). This reformist spirit led her to be very critical in her articles in the press with the French Academy. The decorations, respect and awards she received over a career spanning more than fifty years do not fit in such a short space as this one, but they show the invaluable weight of this woman in the French, Canadian and European academic world. It is enough to take a look at any book on Spanish and Galician lexicography to get an idea of the enormous impact of her work.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

GAL Josette Rey-Debove (1929-2005) foi una semióloga e lexicógrafa francesa, cunha traxectoria de indubidábel esplendor tanto en Francia e no Canadá como no resto do mundo. No seu país é especialmente recoñecida por ser membro dos equipos de redacción dos dicionarios Le Robert, lexicóns de absoluta referencia en Francia e publicados pola editorial homónima dende os anos sesenta. Entre estes repertorios destacan o pequeno, Le petit Robert, que transformou o mundo dos dicionarios escolares e do que foi codirectora, e o grande, Le grand Robert, unha obra monumental en seis volumes titulada “Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française”, traballo no que tamén participaron Alain Rey e Henri Cottez e do que foi secretaria de redacción. Ademais destas obras tan significativas, tamén cabe atribuírlle repertorios importantes como o “Dictionnaire méthodique du français actuel (1982), o Dictionnaire des anglicismes (1991) ou Le Robert du français langue étrangère” (1998). Falar de Rey-Debove non é falar soamente dunha gran facedora de dicionarios ou dunha lexicóloga e semióloga de renome na universidade francesa (na Soborna e na extinta Denis Diderot), senón dunha das persoas que máis influencia exerceu nas teorías lexicolóxicas modernas, especialmente nas europeas, transformadas polas súas contribucións. Neste eido, cabe atribuírlle o feito de situar a unidade léxica no centro dos estudos lingüísticos europeos. Conceptos xa moi habituais en lexicoloxía, como poden ser a definición relacional ou a definición substancial, remiten sempre á nosa autora. En palabras de Teresa Cabré (2006: 634), o seu legado teórico apuntou en tres direccións: «A metalinguaxe de descrición e representación do léxico, a estruturación morfosemántica do léxico e a organización interna das palabras». A súa carreira universitaria dá conta deste prestixio incrementado durante décadas. Licenciouse en Letras na Universidade da Soborna, institución na que defendeu a súa tese de doutoramento, “Estudo lingüístico e semiótico dos dicionarios franceses contemporáneos”, traballo que se converteu nun dos textos máis relevantes da súa carreira e cuxo título permite albiscar os dous eidos nos que Rey-Debove sobresaíu: a semiótica e a lexicografía. Con respecto á ciencia dos signos, compre salientar a súa obra “Ensaios de semiótica” (1971), na que contou coa colaboración de mulleres do talle de Jean Umiker e Julia Kristeva. Asemade, ademais de dirixir a comisión editorial da familia dos Robert e de ser unha entusiasta profesora universitaria, o seu espírito inquedo levouna a outras moitas angueiras: é preciso sinalar a súa estadía en EE. UU., onde traballou na Universidade de Indiana Bloomington, de tanto impacto nos estudos lingüísticos, ou mesmo a impartición dende 2002 dun seminario sobre lexicoloxía na prestixiosa École des hautes études en sciences sociales. Por se fose pouco, cabe destacar o seu labor no Québec, onde contribuíu a pór en marcha a oficina quebequesa da lingua francesa nos anos 70, tempo en que se estableceu a Carta da lingua francesa. Esta oficina, na que fixo achegas sobre terminoloxía, neoloxía e metodoloxía do traballo terminolóxico, segue a ser unha referencia hoxe en día. A súa figura transcende o puramente lingüístico. Foi nomeada polo Ministerio de Funcións Públicas para dirixir varias comisións en diferentes procesos de reforma estatal, como o Conseil supérieur de la langue française en 1989 ou o Comité d’orientation pour la simplification du language administratif (COSLA) en 2002. Quizais isto non dea unha idea clara da muller comprometida que foi, afanada na defensa dos dereitos fundamentais, especialmente das mulleres, mediante este compromiso político e, sobre todo, mediante aquilo que como lingüista podía achegar ás persoas. Resulta moi expresiva a súa defensa da feminización do francés, en concreto no que concirne aos títulos e aos nomes das profesións (tradicionalmente en xénero masculino). Ese espírito reformista levouna a ser moi crítica nos seus artigos en prensa coa Academia francesa. As condecoracións e premios que recibiu ao longo dunha carreira de máis de cincuenta anos, así como o respecto e admiración dos seus colegas e alumnos, non dan cabida nun espazo tan miúdo como este, pero dan conta do peso incalculable desta muller no mundo académico francés, canadense e europeo. Basta botar unha ollada a calquera libro de lexicoloxía española e galega para achegarse ao enorme impacto do seu traballo. ENG Josette Rey-Debove (1929-2005) was a French semiologist and lexicographer, with a brilliant career in France and Canada as well as in the rest of the world. In her country she is especially known for being a member of the editorial teams of the Le Robert dictionaries, lexicons of absolute reference in France and published by the homonymous publishing house since the sixties. Among these repertories, the small one, “Le petit Robert”, which transformed the world of school dictionaries and of which she was co-director, and the large one, Le grand Robert, a monumental work in six volumes entitled “Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française”, a work in which Alain Rey and Henri Cottez also participated and for which she was the editorial secretary. In addition to these significant works, she is also responsible for important repertories such as the “Dictionnaire méthodique du français actuel (1982), Dictionnaire des anglicismes (1991) or Le Robert du français langue étrangère” (1998). To speak of Rey-Debove is not only to speak of a great dictionary maker or of a semiologist and lexicographer of reference in French universities, but of one of the most influential persons in modern lexicological theories, especially in Europe, transformed by her contributions. In this field, she can be credited with having placed the lexical unit at the center of European linguistic studies. Concepts already very common in lexicology, such as relational definition and substantial definition, always point to our author. In the words of Teresa Cabré, her theoretical legacy points in three directions: “The metalanguage of description and representation of the lexicon, the morphosemantic structuring of the lexicon and the internal organization of words”. Her university career testifies to this prestige, which has been growing for decades. She graduated in Letters from the University of Soborna, where she defended her doctoral thesis, “Linguistic and semiotic study of contemporary French dictionaries”, a work that became one of the most important texts of her career and whose title allows us to glimpse the two fields in which Rey-Debove excelled: semiotics and lexicography. Regarding the science of signs, it is worth mentioning her work “Essays on Semiotics” (1971), in which she had the collaboration of women of the stature of Jean Umiker and Julia Kristeva. At the same time, in addition to leading the editorial committee of the Robert family and to being an enthusiastic university professor, her restless spirit led her to many other achievements: we should point out her stay in the USA, where she worked at the Indiana University Bloomington, an institution that had such an impact on linguistic studies, and even delivery a seminar on lexicology at the prestigious École des Hautes Études en Sciences Sociales since 2002. However, it is worth mentioning her work in Quebec, where she contributed to the creation of the Quebec French language bureau in the 1970s, when The Charter of the French Language was established. This office, where she made contributions on terminology, neology and methodology of terminology work, remains a point of reference today. Her figure transcends the purely linguistic. She was appointed by the Ministry of Public Functions to lead several commissions in different state reform processes, such as the Conseil supérieur de la langue française in 1989 or the Comité d'orientation pour la simplification du language administratif (COSLA) in 2002. Perhaps this does not give a clear idea of the committed woman she was, diligent in defending fundamental rights, especially those of women, through this political commitment and, above all, through what she was able to do as a linguist. Her defense of the feminization of French is particularly expressive, especially with regard to the titles and denominations of professions (traditionally in the masculine gender). This reformist spirit led her to be very critical in her articles in the press with the French Academy. The decorations, respect and awards she received over a career spanning more than fifty years do not fit in such a short space as this one, but they show the invaluable weight of this woman in the French, Canadian and European academic world. It is enough to take a look at any book on Spanish and Galician lexicography to get an idea of the enormous impact of her work. 1967. Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française (Le Grand Robert), xunto a Alain Rey e Henri Cottez./ together with Alain Rey and Henri Cottez. 1967. Le Petit Robert. 1971. Étude linguistique et sémiotique des dictionnaires français contemporains. 1971. Essais de sémiothique. 1973. Recherche sur les systèmes signifiants. 1978. Le Métalangage: étude du discours sur le langage. 1979. Lexique de sémiotique. 1982. Dictionnaire méthodique du français actuel. 1988. Le Petit Robert des enfants. 1991. Dictionnaire des anglicismes, Le Robert, xunto a Gilberte Gagnon./ together with Gilberte Gagnon. 1993. Le Nouveau Petit Robert. 1996. Le Robert quotidien. 1998. La Linguistique du signe: une approche sémiotique du langage et le Robert du français. 1998. Le Robert du français langue étrangère. 2008. Le Petit Robert des noms propres, xunto a Paul Robert e Alain Rey./ together with Paul Robert and Alain Rey.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Presenza nos medios / Media presence

GAL 1998. Chevalier de l’ Ordre national du Mérite (cabaleira da Orde Nacional do Mérito de Francia). 2004. Ordre national du Québec (Orde Nacional de Quebec). ENG 1998. Chevalier de l’ Ordre national du Mérite (Knight of the National Order of Merit) 2004. Ordre national du Québec (National Order of Quebec)

Fontes / Sources

1. Bibliografía/Bibliography Cabré, Teresa (2006): Josette Rey-Debove (1929-2005) In Memoriam. Estudis romànics. N.º 28, páxs. 633-635. https://www.raco.cat/index.php/Estudis/article/view/9235/401626 Guerrero Ramos, Gloria / Pérez Lagos, Manuel Fernando. (2017): La definición en el diccionario desde la teoría lingüística. Pragmalingüística. Nº 25, páxs. 286-310. https://revistas.uca.es/index.php/pragma/article/view/3411/3774 Sitio web hmong.es / hmong.es Internet site https://hmong.es/wiki/Josette_Rey-Debove Babelio https://www.babelio.com/auteur/Josette-Rey-Debove/24087 Office québécois de la langue française http://www.oqlf.gouv.qc.ca/actualites/ressources/hommage_josette_debove.html Ordre National du Québec https://www.ordre-national.gouv.qc.ca/membres/membre.asp?id=1856 2. Traballo lexicográfico/Lexicographic works Google Scholar https://scholar.google.es/scholar?hl=es&as_sdt=0%2C5&q=rey-debove&btnG=

Aut@r da entrada / Author of the entry

David Quintáns Lago

Tradución da entrada / Translation of the entry

David Quintáns Lago

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios