Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Anastasia Petrovna Evgenieva (ruso / Russian: Анастасия Петровна Евгеньева)
ruso / Russian
(10 de novembro de 1899, Kostroma— 10 de novembro de 1985, Leningrado / November 10, 1899, Kostroma — November 10, 1985, Leningrad)
GAL Anastasia Petrovna Evgenieva completou a súa educación de 8º grao no instituto e traballou como profesora de primaria desde 1917 ata 1922. Posteriormente, formou parte dunha escola-comuna experimental en Kostroma. A seguir, o Sindicato de Educadores enviouna á A. I. Herzen LGPI, en concreto ao departamento de lingua e literatura rusa. En 1926, graduouse con éxito na A. I. Herzen LGPI e tamén realizou alí estudos de posgrao desde 1938 ata 1941. Despois de graduarse en 1926, ensinou lingua e literatura rusa en Leningrado en varias institucións, incluíndo a escola do traballo nº 181, o Colexio de Pasta e Papel e a Escola I.P. Pavlov nº 16. Durante 1935-1936, ensinou estilística práctica no departamento nocturno da LGPI. En 1941, defendeu o seu traballo de posgraduado centrada na "Lingua das epopeas nas crónicas do século XVII". Durante a Segunda Guerra Mundial, foi evacuada a Yaransk, onde traballou como profesora asociada no Departamento de Literatura Rusa do Instituto Pedagóxico de Kirov ata outubro de 1943. Entre 1946 e 1950, participou en investigacións dialectais nas rexións de Pskov, Novgorod e Arkhangelsk. De 1943 a 1947, realizou estudos de doutoramento no ámbito da literatura rusa antiga no IRLI. En 1950, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada "Ensaios sobre a lingua da poesía oral rusa dos séculos XVII-XIX". Dende entón, ata a súa morte, traballou en varias institucións da Academia de Ciencias da URSS. ENG Anastasia Petrovna Evgenieva completed her 8th-grade education at the gymnasium, and worked as an elementary school teacher from 1917 to 1922. Later, she became part of an Experimental Demonstration school-commune in Kostroma. Following this, she was sent by the Union of Educators to the A. I. Herzen LGPI, specifically to the department of Russian language and literature. In 1926, she successfully graduated from the A. I. Herzen LGPI and also pursued postgraduate studies there from 1938 to 1941. After her graduation in 1926, she taught Russian language and literature in Leningrad at various institutions, including the labor school No. 181, the Pulp and Paper College, and the I.P. Pavlov School No. 16. During 1935-1936, she taught practical stylistics at the evening department of the LGPI. In 1941, she defended her postgraduate thesis, focusing on "The Language of epics in the records of the XVII century". During World War II, she was evacuated to Yaransk, where she served as an associate professor at the Department of Russian Literature of the Kirov Pedagogical Institute until October 1943. Between 1946 and 1950, she participated in dialect research in the Pskov, Novgorod, and Arkhangelsk regions. From 1943 to 1947, she pursued her doctoral studies in the sector of ancient Russian literature at IRLI. In 1950, she successfully defended her doctoral dissertation, titled "Essays on the language of oral Russian poetry of the XVII—XIX centuries." From then until her passing, she worked at various institutes of the USSR Academy of Sciences.
GAL En 1954, Anastasia Petrovna Evgenieva foi nomeada catedrática e xogou un papel fundamental na formación da seguinte xeración de lexicógrafas/os académicas/os, que incluía a E.E. Birzhakova, E.A. Ivannikova, L.L. Kutina e outras/os. Tamén participou activamente na edición de dicionarios, como o "Малый академический словарь" (Pequeno Dicionario Académico) en 4 volumes (1957-1961) e o "Словарь синонимов русского языка" (Dicionario de Sinónimos da Lingua Rusa) en 2 volumes (1970-1971). ENG In 1954, Anastasia Petrovna Evgenieva was appointed as a professor and played a pivotal role in mentoring the next generation of academic lexicographers, which included E.E. Birzhakova, E.A. Ivannikova, L.L. Kutina, and others. She also actively contributed to the editorial work of dictionaries, such as the "Малый академический словарь" (Small Academic Dictionary) in 4 volumes (1957-1961) and the "Словарь синонимов русского языка" (Dictionary of Synonyms of the Russian Language) in 2 volumes (1970-1971).
Extracto de obra/ excerpt from work: Евгеньева, А. П. (1999). Словарь русского языка. В 4-х томах. Изд. 4-е, стер. [Eugeneva, A. P. (1999). Diccionario da Lingua Rusa. En 4 volumes, 4. Edición revidada. / Dictionary of the Russian Language. In 4 Volumes. 4th Edition, Revised]
GAL O Premio Pushkin (1974) foille concedido polo traballo de preparación dun "Dicionario de Sinónimos da Lingua Rusa" en dous volumes. ENG The Pushkin Prize (1974) — for the work on the preparation of a two—volume "Dictionary of Synonyms of the Russian language"
Evgenieva, Anastasia Petrovna. (2023). En / In Wikipedia. Recuperado o 23 de novembro de 2023 / Retrieved from November 23, 2023: Евгеньева, Анастасия Петровна — Википедия (wikipedia.org) Evgenieva, Anastasia Petrovna | ИЛИ РАН. (n.d.). Recuperado o 23 de novembro de 2023 / Retrieved November 23, 2023: https://nenadict.iling.spb.ru/persons/evgeneva-anastasiya-petrovna?ysclid=lpadyxsumh912663831
Akerke Yessenali
María Álvarez de la Granja
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].
Inicia sesión para deixar un comentario.