Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Pavlovna, Roza

Creado por Akerke o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Roza Pavlovna Rogozhnikova (Ruso/ Russian: Рогожникова Роза Павловна)

Linguas de traballo / Work languages

Russian/ Ruso

Información biográfica / Biographical information

29 de setembro de 1926, Zlatoust (Rusia) - 6 de xullo de 2017 / September 29, 1926, Zlatoust (Russia) — July 6, 2017

Traxectoria profesional / Career description

GAL Entre os anos 1943 e 1947, Roza Pavlovna cursou os seus estudos no Instituto Pedagóxico Estatal de Chelyabinsk. En 1952, completou os seus estudos de posgrao e defendeu con éxito a súa tese de doutoramento, obtendo así o título de Candidata de Ciencias Filolóxicas no actual Instituto da Lingua Rusa, que leva o nome de V. V. Vinogradov. Dende 1952 traballa no Arquivo de Fichas do Departamento de Diccionarios do Instituto de Investigacións Lingüísticas da URSS, coñecido como "ЛО ИЯ АН СССР" e actualmente como "ИЛИ РАН". Entre os anos 1968 e 2011, ocupou o cargo de xefa do Gabinete do Arquivo do Departamento de Dicionarios, no cal elevou significativamente os estándares dos procedementos do arquivo ata un novo nivel, sistematicamente e cientificamente avanzado. Nesta época creáronse dicionarios académicos completos da lingua rusa basados no extenso ficheiro do Departamento de Dicionarios. Durante este período escribíronse numerosos artigos e monografías. O grupo Índice de Fichas do Dicionario fixo contribucións substanciais aos aspectos teóricos e prácticos da compilación de dicionarios empregando fichas e á automatización da indexación de fichas e de tarefas relativas aos dicionarios. Recoñecendo a necesidade ineludible de métodos lexicográficos modernos, a comezos da década de 1980, Pavlovna desempeñou un papel pioneiro na introdución da automatización no traballo con dicionarios na Escola Académica de Lexicografía de Leningrado. Esta innovación refléxase nos seus numerosos artigos e no desenvolvemento de novos tipos de materiais de referencia relativos á lingua rusa. Os esforzos de Roza por definir os límites das palabras no procesamento de textos conduciron á identificación de elementos condicionados pola sintaxe, coñececidos estes como equivalentes de palabras, palabras de función compostas e unidades modais; áreas que ata entón foran ignoradas polos lexicógrafos nacionais. Durante varias décadas, Pavlovna participou activamente nos Consellos Académicos da Academia Rusa das Ciencias (ИЛИ РАН), a Universidade Estatal de Tver e a Universidade Pedagóxica Estatal Rusa A.I. Herzen. Supervisou eficazmente o traballo de estudantes de posgrao, aspirantes e estudantes. Ademáis, proporcionó orientación e consultas constantes a expertos rusos e internacionales nos ámbitos da gramática, lexicoloxía e lexicografía rusas. A súa contribución extendeuse á participación activa nos asuntos públicos do Instituto. ENG Between 1943 and 1947, Roza Pavlovna pursued her studies at the Chelyabinsk State Pedagogical Institute. In 1952, she completed her postgraduate studies and successfully defended her thesis to earn the degree of Candidate of Philological Sciences at the present-day Institute of the Russian Language, named after V.V. Vinogradov. Commencing in 1952, she started her tenure in the Card File of the Dictionary Department at the Institute of Linguistic Research of the USSR, known as "ЛО ИЯ АН СССР," and presently as "ИЛИ РАН." From 1968 to 2011, she held the position of the head of the Dictionary Department's Filing Cabinet, during which time she significantly elevated the standards of filing procedures to a new, systematic, and scientifically advanced level. This era saw the creation of comprehensive academic dictionaries of the Russian language based on the extensive card index of the Dictionary Department. Numerous articles and monographs were authored during this period. The Dictionary Card Index group made substantial contributions to theoretical and practical aspects of card index dictionary compilation and the automation of card index and dictionary tasks. Recognizing the pressing need for modern lexicographical methods, in the early 1980s, Pavlovna played a pioneering role in the introduction of automation in dictionary work at the Leningrad Academic School of Lexicography. This innovation is reflected in her numerous articles and the development of new types of reference materials pertaining to the Russian language. Rosa’s endeavors in defining word boundaries in text processing led to the identification of syntactically conditioned elements known as word equivalents, compound function words, and modal units—areas that had hitherto been overlooked by domestic lexicographers. Over several decades, Pavlovna actively participated in the Academic Councils of the Russian Academy of Sciences (ИЛИ РАН), Tver State University, and A.I. Herzen Russian State Pedagogical University. She effectively supervised the work of graduate students, interns, applicants, and students. Moreover, she provided consistent guidance and consultations to both Russian and international experts in the realms of Russian grammar, lexicology, and lexicography. Her contributions extended to active involvement in the institute's public affairs.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

GAL Pavlovna foi a autora de varios dicionarios significativos, entre os que destacan os seguintes títulos: "Словарь сочетаний, эквивалентных слову" [Dicionario de combinacións de palabras equivalentes a unha palabra] (Moscova, 1983), "Словарь эквивалентов слова" [Dicionario de equivalencias de palabras] (Moscova, 1991) e "Толковый словарь сочетаний, эквивалентных слову" [Dicionario explicativo de combinacións de palabras equivalentes a unha palabra] (Moscova, 2003). Estas obras ocupan un lugar destacado na lexicografía rusa e seguen estando moi solicitadas. Durante eses anos, a lexicografía académica rusa estivo profundamente inmersa na historia do arquivo do Gran Dicionario, compilado por Ya.K. Groth en 1886. Resistiu ás difíciles circunstancias do século XX, dando lugar finalmente á lexicografía explicativa académica rusa. Un exemplo deste legado é a monografía de Roza "Сокровищница русского слова" [O tesouro de lada palabra rusa] (San Petersburgo, 2003). Rosa Pavlovna é e será, sen ningún xénero de dúbida, unha figura célebre nos anais da lingüística rusa do século XX. Foi coautora do "Словарь современного русского литературного языка" [Dicionario da Lingua Literaria Rusa Contemporánea] e editora do seu undécimo volume. Tamén é autora do "Словарь русского языка" [Dicionario da Lingua Rusa] en catro volumes. En colaboración cos seus colegas, compilou o "Школьный словарь устаревших слов по произведениям русских писателей XVIII-XIX вв" (Dicionario escolar de palabras obsoletas das obras de escritores rusos dos séculos XVIII e XIX) (Moscova, 1996), do que se fixeron varias edicións, e un dicionario de referencia titulado "Редкие слова в произведениях авторов XIX века" [Palabras raras nas obras de autores do século XIX] (Moscova, 1997). O campo da lexicografía aínda non reproduciu a experiencia única do "Сводный словарь современной русской лексики" [Dicionario Unificado do Vocabulario Ruso Contemporáneo] (Moscova, 1991), que, na era anterior a Internet, proporcionou unha valiosa axuda aos lingüistas para establecer os usos das palabras nos principais dicionarios do século XX. ENG Rosa authored several significant dictionaries, including the following titles: "Словарь сочетаний, эквивалентных слову" [Dictionary of Word Combinations Equivalent to a Word] (Moscow, 1983), "Словарь эквивалентов слова" [Dictionary of Word Equivalents] (Moscow, 1991), and "Толковый словарь сочетаний, эквивалентных слову" [Explanatory Dictionary of Word Combinations Equivalent to a Word] (Moscow, 2003). These works have earned a prominent place in Russian lexicography and continue to be highly sought after. During those years, Russian academic lexicography was deeply engrossed in the history of the Large Dictionary file, established by Ya.K. Groth in 1886. It withstood the challenging circumstances of the 20th century, eventually giving rise to Russian academic explanatory lexicography. An exemplar of this legacy is Rosa’s monograph "Сокровищница русского слова" [The Treasury of the Russian Word] (St. Petersburg, 2003). Rosa Pavlovna will undoubtedly remain a renowned figure in the annals of 20th century Russian linguistics. She co-authored the "Словарь современного русского литературного языка" [Dictionary of Contemporary Russian Literary Language] and served as the editor of its eleventh volume. She also authored the "Словарь русского языка" [Dictionary of the Russian Language] in four volumes. Collaborating with her colleagues, she compiled the "Школьный словарь устаревших слов по произведениям русских писателей XVIII–XIX вв." [School Dictionary of Obsolete Words from the Works of Russian Writers of the 18th and 19th Centuries] (Moscow, 1996), which saw multiple editions, and a reference dictionary titled "Редкие слова в произведениях авторов XIX века" [Rare Words in the Works of 19th-Century Authors] (Moscow, 1997). The field of lexicography has yet to replicate the unique experience of the "Сводный словарь современной русской лексики" [Unified Dictionary of Contemporary Russian Vocabulary] (Moscow, 1991), which, during the pre-Internet era, provided valuable assistance to linguists in establishing word usages in major 20th-century dictionaries.

Ligazóns / Links

GAL Рогожникова, Р. П. (Ed.). (1997). Редкие слова в произведениях авторов XIX века: словарь-справочник. Russkie Slovari. [Rogozhnikova, R. P. (Ed.). (1997). Palabras raras nos traballos de autores de Século XIX: un dicionario de referencia. Russkie Slovari]. Neste dicionario as entradas inclúen lemas, terminacións flexivas para tres xéneros en ruso xunto con terminacións para formas plurais (para substantivos), definicións, exemplos ilustrativos e as súas fontes (véxase extractos de obras) . ENG Рогожникова, Р. П. (Ed.). (1997). Редкие слова в произведениях авторов XIX века: словарь-справочник. Russkie Slovari. [Rogozhnikova, R. P. (Ed.). (1997). Rare Words in the Works of 19th Century Authors: a Dictionary-Reference Book. Russkie Slovari.] In this dictionary entries include lemmas, inflectional endings for three genders in Russian along with endings for plural forms (for nouns), definitions, illustrative examples, and their sources (see excerpts).

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Fontes / Sources

Institute of Linguistic Research of the Russian Academy of Sciences. (2017). Рогожникова Роза Павловна (1926-2017). Русский язык в школе, (9), 75-76. [Rogozhnikova, Rosa Pavlovna (1926-2017). A lingua rusa na escola, (9), 75-76 / Rogozhnikova, Rosa Pavlovna (1926-2017). Russian Language in School, (9), 75-76] Рогожникова Роза Павловна | ИЛИ РАН. (n.d.). Recuperado o 6 de outubro de 2023 de/ Retrieved 6 October 2023, from https://nenadict.iling.spb.ru/persons/rogozhnikova-roza-pavlovna?ysclid=lnenxvkpxu423086263 [Rogozhnikova, Rosa Pavlovna | IRLI RAS. (n.d.)]

Aut@r da entrada / Author of the entry

Akerke Yessenali

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lola Mosquera

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios