Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Nazaryan, Rubina

Creado por sedahovhannisyan o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Rubina Nazaryan (En armenio / In Armenian: Ռուբինա Նազարյան)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Armenio, ruso e inglés/ Armenian, Russian, and English

Información biográfica / Biographical information

GAL Rubina naceu o día 23 de novembro de 1944 en Beirut, no Líbano. En 1946 a súa familia mudouse a Iereván, capital de Armenia, para estableceren alí a súa residencia permanente. ENG Rubina was born on November 23, 1944, in Beirut, Lebanon. In 1946, her family moved to Yerevan, the capital of Armenia, to establish a permanent residence.

Traxectoria profesional / Career description

GAL Rubina estudou na Escola nº 80 e aos 16 anos, grazas ás súas excelentes notas, foi admitida no Departamento de Filoloxía da Universidade Estatal de Iereván, onde foi alumna dos académicos Gevorg Jahykyan e Edward Jrbashyan. Grazas á mediación deste último, Rubina Nazaryan foi contratada aos 18 anos como guía turística na casa-museo de Hovhanes Tumanyan. Graduouse na universidade en 1966. En setembro de 1968 Rubina Nazaryan comezou a traballar na Escola francesa nº 119 de Iereván, onde ensinou lingua e literatura armenia e posteriormente, historia eclesiástica armenia. Estivo 33 anos traballando na escola. Recibiu ofertas de emprego de varias institucións de ensino, así como unha oferta para o posto de directora da Escola nº 68 de Iereván que rexeitou. Nos anos seguintes, tivo que mudarse aos EAU, onde vivía a súa familia. Desde 2003 até ao seu regreso a Armenia traballou no complexo educativo “Narek” en Glendale como profesora de lingua e literatura armenias. Tamén editou a revista escolar “Narek”, que continúa a ser redactada e publicada por Rubina Nazaryan. ENG Rubina studied at School No. 80 and at the age of 16, with excellent grades, was accepted into the Philology Department of Yerevan State University, where she was taught by academics Gevorg Jahukyan and Edward Jrbashyan. Through the latter's mediation, Rubina Nazaryan was accepted as a tour guide at Hovhannes Tumanyan's house museum at 18. Rubina Nazaryan graduated from the university in 1966. From September 1968 Rubina Nazaryan started working at the French School No. 119 in Yerevan, where she taught Armenian language and literature, and later the history of the Armenian Church. Her career in the school lasted 33 years. She received job offers from various educational institutions as well as an offer for the position of director of the 68th school in Yerevan but turned it down. In the next years, she had to move to the USA, where her family was living. From 2003 until she moved to Armenia from the USA, she worked at the educational complex “Narek” in Glendale as a teacher of Armenian language and literature. Also, she edited the school magazine “Narek”, which is still written and edited by Rubina Nazaryan.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

GAL Rubina Nazaryan é autora de aproximadamente 30 obras, mais o certo é que a dicionario «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenio para todo o mundo”] (Iereván, 1994) outorgou á autora grande recoñecemento e fama. O dicionario «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenio para todo o mundo”], tamén coñecido como libro amarelo (non se sabe quen o denominou así nin cando, mais cómpre sinalar que ten sido sempre reimpreso pola editora “Oskan Yerevantsi” en cor amarela) presenta imaxes para cada palabra, ademais de ter un enorme valor ortográfico e materiais didácticos para ditados. Existen numerosas novas edicións que foron constantemente actualizadas e enriquecidas, e utilizouse durante trinta anos como libro de texto en escolas armenias. De incalculábel valor son tamén moitos dicionarios escritos por Rubina Nazaryan. O dicionario «Հայերեն դպրոցական բացատրական բառարան» [“Dicionario para estudantes”] (Iereván, 2016) foi escrito nos EAU e publicado en Armenia. O «Հայերեն բառապատկերների դպրոցական բառարան» [“Dicionario visual para estudantes”] (Iereván, 2019) ten como obxectivo desenvolver a actitude crítica e lóxica dos usuarios, así como a súa habilidade para comprenderen o mundo. En 2016 Rubina Nazaryan, xunto coa súa neta de 14 anos Rubina Nazaryan, publicou a Biblia «Հիսուս Քրիստոսի Ավետարանը դպրոցականների համար» [“O Evanxeo de Xesús Cristo para a infancia”] (Iereván, 2016). Acostumaba darse como presente a nenos na escola e non estaba dispoñíbel á venda. Tamén realizou cooperacións co pedagogo A. Gyodakyan, entre as que cómpre destacar as seguintes: , «Հայերեն ուղղագրական դպրոցական բառարան» [“Dicionario ortográfico de armenio para a infancia”] (Iereván, 2004), «Հայերեն բառապատկերների դպրոցական բառարան» [“Dicionario visual para estudantes”] (Iereván, 2019), ), «Հայերեն անձնանունների դպրոցական բառարան» [“Dicionario de antropónimos para a infancia”] (Iereván, 2004). ENG Rubina Nazaryan is the author of about 30 works, but it is no secret that the dictionary «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenian for All”] (Yerevan, 1994) gave the author great recognition and fame. The dictionary «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenian for All”] written by her, is called Yellow Book (it is not known by whom and when the book was so called, it is always reprinted by the printing house “Oskan Yerevantsi” in yellow). This dictionary contains hundreds of word pictures of orthographic value and teaching materials for dictation and has many new editions, which are always reformed and enriched and have served for thirty years as the table book of Armenian schools. Of great value are many dictionaries written by Rubina Nazaryan. The following was written in the USA and published in her native Armenia: «Հայերեն դպրոցական բացատրական բառարան» [“Dictionary for Students”] (Yerevan, 2016) and «Հայերեն բառապատկերների դպրոցական բառարան» ["Picture Dictionary for Students"] (Yerevan, 2019). The latter aims to develop students' thinking and logic, as well as their ability to see and understand the word. In 2016 Rubina Nazaryan together with her 14 years old granddaughter Rubina Nazaryan printed the Bible «Հիսուս Քրիստոսի Ավետարանը դպրոցականների համար» [“The Gospel of Jesus Christ for School Children”] (Yerevan, 2016). This was a gift for Armenian school children, so it was not for sale. She had as well cooperation with pedagogue A. Gyodakyan, these are, for example, «Հայերեն ուղղագրական դպրոցական բառարան» [“Spelling Dictionary of Armenian for Schoolchildren”] (Yerevan, 2004), «Հայերեն բառապատկերների դպրոցական բառարան» [“Dictionary of word pictures for Schoolchildren”] (Yerevan, 2019), «Հայերեն անձնանունների դպրոցական բառարան» [“Dictionary of personal names for schoolchildren”] (Yerevan, 2004).

Ligazóns / Links

Extracto de obra/ excerpt from work: https://online.fliphtml5.com/fruqf/zxdt/#p=1 GAL O dicionario«Մայրենին բոլորի համար» [“Armenio para todo o mundo”], que xa se mencionou anteriormente, é unha obra ideal para as persoas que precisan de auxilio ao aprenderen armenio. Boa parte da mocidade armenia que desexa entrar na universidade ten que usar este dicionario. A continuación, pódese ver un exercicio sobre lexicografía en armenio retirada do dicionario. ENG The dictionary «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenian for All”], which has already been discussed above, is an ideal book for those who need help on the way of learning Armenian. Many Armenian young people who want to be accepted into Armenian universities must have had this dictionary in their hands at least once. Below you can find an exercise on lexicography in Armenian in that dictionary.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

GAL A Rubina adoita atribuírselle a rara habilidade de, dependendo da ocasión, crear de forma espontánea metodoloxías novas e extraordinarias nas aulas, convertendo as sesións en dinámicas. “O xogo sempre foi unha marca clara das miñas aulas” – afirma no seu libro «Կյանքիս հուշերից» [“Lembranzas da miña vida”] (Os Ánxeles, 2016). “É unha forma altamente efectiva de ensinar, educar e, do punto de vista psicolóxico, querer a profesora e conectar co grupo”. «Կյանքիս հուշերիցը» “Lembranzas da miña vida” non é unha obra de introspección da autora, nin un libro de carácter descritivo e avaliador. Trátase, en primeiro lugar, da historia de varias xeracións e é unha obra en que se aprecia o proceso de desenvolvemento e de culminación da escola armenia. Coñecida como “a raíña da escola armenia”, Rubina Nazaryan continúa a facer investigación creativa e contribucións incalculábeis á vida das escolas armenias. Outorgáronlle o título de “Profesora Distinguida da República de Armenia” e recibiu, xa no ámbito científico, a medalla “Movses Khorenatsi”, máxima distinción na República de Armenia. Así mesmo, déronlle a medalla de ouro do Ministerio de Ciencia e Educación, rendéronlle varios honores, e entregáronlle certificados, aspectos sobre os cales até existen filmes documentais. ENG Rubina is naturally endowed with the rare ability to spontaneously create something new and extraordinary in the classroom, automatically turning class time into fun time..., depending on the mood and the occasion… "Play has always been a staple of my classroom - in the book «Կյանքիս հուշերից» “Memories of My Life” (Los Angeles, 2016), the teacher told. "It's an extremely effective way to teach, educate, psychologically, love the teacher, and connect with the class." «Կյանքիս հուշերիցը» [“Memories of My Life”] is neither a self-observation of the author, nor is it a descriptive-evaluative yearbook. It is, first, the story of several generations, the document of the path of development, and the culmination of the glory of the Armenian school. Long called “The Queen of Armenian School” Rubina Nazaryan is still doing creative research and continues making an invaluable contribution to the continued life of Armenian schools. She was awarded the title of “Distinguished Teacher of the Republic of Armenia”. She received in the field of science the highest award of the Republic of Armenia, the “Movses Khorenatsi” medal, as well as the gold medal of the Ministry of Education and Science, many honors, and certificates about which there are documentary films.

Fontes / Sources

1. Foto/Photo: fonte privada/ private source GAL Hovhannisyan, S. (2023): Entrevista coa lexicógrafa R. Nazaryan. Makaryan, A. (2022): “Rubina Nazaryan: do libro de texto “Armenio para todo o mundo” á historia de dúas nacións (URSS e República de Armenia)”. Aravot. https://www.aravot.am/2022/02/24/1249545/. Nazaryan, R. (2016): “Lembranzas da miña vida”. Os Ánxeles. ENG Hovhannisyan, S. (2023): Interview with the lexicographer R. Nazaryan. Makaryan, A. (2022): “Rubina Nazaryan: from the students' table book- "Armenian for all" to the history of two homelands (USSR and RA), Aravot. https://www.aravot.am/2022/02/24/1249545/ Nazaryan, R. (2016): “Memories of My Life”, Los Angeles.

Aut@r da entrada / Author of the entry

Seda Hovhannisyan

Tradución da entrada / Translation of the entry

Iván Arias Arias

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios