Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Moliner Ruiz, María Juana

Creado por Lola o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

María Juana Moliner Ruiz

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Aragonés, español/ Aragonese, Spanish

Información biográfica / Biographical information

1900 (Zaragoza, Espàña) / 1981 (Madrid, España) Lexicógrafa e bibliotecaria / Lexicographer and librarian

Traxectoria profesional / Career description

GAL Nada no seo dunha familia acomodada, María Moliner puido estudar Filosofía e Letras (especialidade de Historia) na Universidade de Zaragoza, onde se graduou en 1921 con premio extraordinario de fin de carreira. Sendo estudante comezou a colaborar na compilación do Diccionario Aragonés. Ao ano seguinte da súa graduación aprobou as oposicións nacionais ao corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e realizou as súas prácticas na Biblioteca Nacional de España, sendo o seu primeiro destino o Arquivo de Simancas. Tras unha vida profesional adicada principalmente ao seu traballo como bibliotecaria e véndose tremendamente perxudicada polo contexto político e social de España (Guerra Civil e Ditadura Franquista), xubilouse en 1970 como directora da Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid. Arredor de 1950, María Moliner comezaría o “Diccionario de Uso del Español”, obra que chegou a reimprimirse unha vintena de veces tan só na súa primeira edición e que a convertiu na lexicógrafa máis notable do panorama lexicográfico español. O Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez escribiu no 1981 no xornal El País que “María Moliner hizo una proeza con muy pocos precedentes: escribió sola, en su casa, con su propia mano, el diccionario más completo, más útil, más acucioso y más divertido de la lengua castellana, dos veces más largo que el de la Real Academia de la Lengua, y –a mi juicio- más de dos veces mejor” [María Moliner fixo unha proeza con moi poucos precedentes: escribiu soa, na súa casa, coa súa propia man, o dicionario máis completo, máis útil, máis acucioso e máis divertido da lingua castelá, dúas veces máis longo que o da Real Academia da Lingua, e –ao meu xuízo- máis de dúas veces mellor]. As principais novidades do dicionario radican no propio obxectivo de que este sirva de instrumento de guía no uso do español tanto para falantes nativos como para estudantes desta lingua. Ademais, no prólogo da primeira edición do dicionario a propia autora indica unha característica central: o empleo dun “sistema de sinónimos, palabras afines y referencias que constituye una clave superpuesta al diccionario de definiciones para conducir al lector desde la palabra que conoce al modo de decir que desconoce" [sistema de sinónimos, palabras afíns e referencias que constitúe unha clave superposta ao dicionario de definicións para conducir ao lector desde a palabra que coñece ao modo de dicir que descoñece]. Neste mesmo prólogo Moliner subliña que as definicións no seu dicionario están “vertidas de una forma más actual, más concisa, despojada de retoricismo, y, en suma, más ágil y más apta para la función práctica asignada al diccionario” [vertidas dunha forma máis actual, máis concisa, desposuída de retoricismo, e, en suma, máis áxil e máis apta para a función práctica asignada ao dicionario”]. ENG Born into a wealthy family, María Moliner had the opportunity to study Philosophy and Letters (specialization: History) at the University of Zaragoza, where she graduated in 1921 with an extraordinary degree prize. As a student she began to collaborate in the compilation of the Diccionario Aragonés (Aragonese Dictionary). The year after her graduation she passed the national exams for the body of Archivists, Librarians and Archaeologists and did her internship at the National Library of Spain. Her first assignment was the Archive of Simancas. After a professional life dedicated mainly to her work as a librarian and having been tremendously affected by the political and social context of Spain (Civil War and Franco's dictatorship), she retired in 1970 as Director of the Library of the School of Industrial Engineering in Madrid. Around 1950, María Moliner began the “Diccionario de Uso del Español”, a work that was reprinted twenty times in its first edition alone and which made her the most notable lexicographer in the Spanish lexicographical panorama. In 1981, the Nobel Literature Prize winner Gabriel García Márquez wrote in the newspaper El País that “María Moliner hizo una proeza con muy pocos precedentes: escribió sola, en su casa, con su propia mano, el diccionario más completo, más útil, más acucioso y más divertido de la lengua castellana, dos veces más largo que el de la Real Academia de la Lengua, y –a mi juicio- más de dos veces mejor” [María Moliner did a feat with very few precedents: she wrote alone, in her own home, with her own hand, the most complete, most useful, most thorough and most entertaining dictionary of the Spanish language, twice as long as that of the Real Academia de la Lengua, and -in my opinion- more than twice as good as it.] The main novelties of the dictionary lie in its aim to serve as an instrument of guidance in the use of Spanish for both native speakers and learners of the language. Moreover, in the prologue to the first edition of the dictionary, the author herself indicates a central feature: the use of a “sistema de sinónimos, palabras afines y referencias que constituye una clave superpuesta al diccionario de definiciones para conducir al lector desde la palabra que conoce al modo de decir que desconoce" [system of synonyms, related words and references that constitutes a key superimposed on the dictionary of definitions to lead the reader from the word he knows to the way of saying that he does not know].

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

- MOLINER, M. (1967). Diccionario de uso del español, (1a. ed.). Madrid: Gredos.

Ligazóns / Links

MOLINER, M. (1967). Diccionario de uso del español, (1a. ed.). Madrid: Gredos. https://cvc.cervantes.es/lengua/mmoliner/diccionario_caracteristicas.htm

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Presenza nos medios / Media presence

A presenza de María Moliner nos medios a través de documentais e prensa escrita é moi ampla e diversa. / María Moliner's presence in the media through documents and the written press is very broad and diverse. • “MARÍA MOLINER, la innovadora BIBLIOTECARIA oculta tras el diccionario” I RTVE Noticias: https://www.youtube.com/watch?v=2TK0JyYq-Jc • “María Moliner y el diccionario más divertido del español”, Borja Odriozola: https://www.youtube.com/watch?v=Ojfw9iRK0n4 • “María Moliner: mujer, bibliotecaria y lexicógrafa”, Documental, cedido pola Dirección General de Cultura del Gobierno de Aragón y que se publica ligado á Exposición na Escuela Industriales UPM: 'María Moliner: mujer, bibliotecaria y lexicógrafa' organizada pola Biblioteca da ETSII e pola Biblioteca Tomás Navarro Tomás: https://www.youtube.com/watch?v=AxaxAPrKOCc • Acto conmemorativo do 50º aniversario da primeira publicación do Diccionario de uso del Español, organizado pola Biblioteca Nacional de España e a Editorial Gredos: https://www.youtube.com/watch?v=W8G8lPBFbTU • “Imprescindibles - Tendiendo Palabras sobre María Moliner”, Radio Televisión Española, 21/11/2018 [trailer]: https://www.rtve.es/play/videos/programa/imprescindibles-trailer-tendiendo-palabras-sobre-maria-moliner/4850839/ Xunto coa existencia de moitos traballos xornalísticos, María Moliner conta coa biografía “El exilio interior. La vida de María Moliner”(Inmaculada de la Fuente, 2011, Turner Noema) e cunha biografía dirixida aos máis pequenos: “La ciudad de palabras, vida de María Moliner” (Alejandro Pedregosa, 2023) ./ Along with the publication of numerous journalistic works, María Moliner has a biography “El exilio interior. La vida de María Moliner” (Inmaculada de la Fuente, 2011, Turner Noema) and a biography aimed at children: "La ciudad de palabras, vida de María Moliner" (Alejandro Pedregosa, 2023).

Datos de interese / Interesting facts

GAL María Moliner foi unha persoa moi comprometida política e culturalmente; unha activista convencida. Durante a II República colaborou como profesora de Literatura e Gramática na Escuela Cossío, que seguía os preceptos da Escuela Libre de Enseñanza. Tamén se involucrou nas Misións Pedagóxicas da República encargándose da organización das bibliotecas rurais. O seu compromiso coa defensa da cultura e das bibliotecas como tesoureiras da mesma, levouna a convertirse en Bibliotecaria da Universidade de Valencia, cargo que tivo que abandoar en 1937 debido á Guerra Civil. Ao rematar o conflito bélico foi sancionada descendendo 18 postos no escalafón do Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios; estatus que non recuperaría ata 1958. Tamén foi poineira por ser a primeira muller que impartiu docencia na Universidade de Murcia a mediados dos anos 20. Foi proposta para ser a primeira muller en entrar a formar parte da Real Academia de la Lengua Española. A candidatura seleccionada foi, non obstante, a de Emilio Alarcos Llorach. No ano 1972 Moliner manifestaba nunha entrevista de El Heraldo de Aragón o seguinte: “Sí, mi biografía es muy escueta en cuanto a que mi único mérito es mi diccionario. Es decir, yo no tengo ninguna obra que se pueda añadir a esa para hacer una larga lista que contribuya a acreditar mi entrada en la Academia [...] Mi obra es limpiamente el diccionario.” Más adelante agrega: “Desde luego es una cosa indicada que un filósofo -por Emilio Alarcos- entre en la Academia y yo ya me echo fuera, pero si ese diccionario lo hubiera escrito un hombre, diría: «¡Pero y ese hombre, cómo no está en la Academia!”. [Si, a miña biografía é moi concisa en canto a que o meu único mérito é o meu dicionario. É dicir, eu non teño ningunha obra que se poida engadir a esa para facer unha longa listaxe que contribúa a acreditar a miña entrada na Academia [...] A miña obra é limpamente o dicionario. Máis adiante engade: Desde logo é unha cousa indicada que un filósofo -por Emilio Alarcos- entre na Academia e eu xa me boto fóra, pero se ese dicionario o escribise un home, diría: «Pero e ese home, como non está na Academia!”. Despois da súa xubilación o Ministeiro de Educación acordou o seu ingreso na Orde Civil de Alfonso X o Sabio. Son moitos os exemplos da impronta da lexicógrafa zaragozana na sociedade. Así, por exemplo, foi estreada a “Ópera María Moliner” (https://bit.ly/3XWOcRC), a obra de teatro Diccionario do dramaturgo Manuel Calzada Pérez e incluso existe un capítulo de debuxos animados sobre ela: “Lunnis de Leyenda - María Moliner” (Clan TVE: https://www.youtube.com/watch?v=YLJK2ins_yU). Como curiosidade subliñar que a promoción 2020-2022 do Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía leva o seu nome. ENG María Moliner was a very politically and culturally committed person; a convinced activist. During the Second Republic she collaborated as a teacher of Literature and Grammar at the Escuela Cossío, which followed the precepts of the “Escuela Libre de Enseñanza”. She was also involved in the Pedagogical Missions of the Republic, taking charge of the organisation of rural libraries. Her commitment to the defence of culture and libraries as its treasurers led her to become Librarian of the University of Valencia, a post she had to abandon in 1937 due to the Civil War. At the end of the war, she was sanctioned and was demoted 18 places in the ranks of the Corps of Archivists and Librarians, a status she would not regain until 1958. She was also a pointer for being the first woman to teach at the University of Murcia in the mid-1920s. She was proposed to be the first woman to become a member of the Real Academia de la Lengua Española. The successful candidate, however, was Emilio Alarcos Llorach. In 1972 Moliner stated the following in an interview with El Heraldo de Aragón: “Sí, mi biografía es muy escueta en cuanto a que mi único mérito es mi diccionario. Es decir, yo no tengo ninguna obra que se pueda añadir a esa para hacer una larga lista que contribuya a acreditar mi entrada en la Academia [...] Mi obra es limpiamente el diccionario.” Más adelante agrega: “Desde luego es una cosa indicada que un filósofo -por Emilio Alarcos- entre en la Academia y yo ya me echo fuera, pero si ese diccionario lo hubiera escrito un hombre, diría: «¡Pero y ese hombre, cómo no está en la Academia!”. [“Yes, my biography is very brief in that my only merit is my dictionary. That is to say, I don't have any work that can be added to that to make a long list that would contribute to accrediting my entry into the Academy [...] My work is clearly the dictionary". Later she adds: "Of course it is a fitting thing for a philosopher - referring to Emilio Alarcos - to enter the Academy and I am already out, but if that dictionary had been written by a man, I would say: "But that man, why isn't he in the Academy!””] After her retirement, the Minister of Education agreed to her admission to the Civil Order of Alfonso X the Wise. There are many examples of the lexicographer's mark on society. Thus, for example, the opera María Moliner was released (https://bit.ly/3XWOcRC), the theatre play Diccionario by the playwright Manuel Calzada Pérez and there is even a cartoon chapter about her: Lunnis de Leyenda - María Moliner (Clan TVE: https://www.youtube.com/watch?v=YLJK2ins_yU). As a curiosity, the 2019-2021 class of the Erasmus Mundus Master in Lexicography is named after her.

Fontes / Sources

1. Fotos/Photos: El Español: [Retrato da lexicógrafa/ Portrait of the lexicographer] https://www.bbc.com/mundo/noticias-38071911 Instituto Cervantes: [Cuberta do dicionario/ Dictionary cover] https://cvc.cervantes.es/lengua/mmoliner/diccionario_caracteristicas.htm 2. Bibliografía/Bibliography: ● Páxina do Instituto Cervantes/ Website of the Instituto Cervantes: https://cvc.cervantes.es/lengua/mmoliner/biografia02.htm ● Páxina da Real Academia de la Historia/ Website of the Real Academia de la Historia: https://dbe.rah.es/biografias/12970/maria-juana-moliner-ruiz ● Martín Zorraquino, M. A. (2010). María Moliner y su contribución a la lectura pública en España. Cien años de Filología en Aragón. VI Curso sobre Lengua y Literatura en Aragón. José-Carlos Mainer y José Mª Enguita (eds.), Zaragoza, 223-240. https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/25/60/_ebook.pdf ● Martín Zorraquino, M. A. (2006). María Moliner filóloga por vocación y por su obra. Participación Educativa, 1, 127-142. https: https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/34/07/12mariamoliner.pdf ● López, N. 2020. María Moliner. http://portlex.usc.gal/emlex2020/maria-moliner/ ● Porto Dapena, J. Á. (2003). El Dicionario de María Moliner, en Martín Zorraquino, M. A. e Aliaga Jiménez, J. L., La lexicografía hispánica en el siglo XXI. Balance y perspectivas: actas del Encuentro de Lexicógrafos celebrado en Zaragoza, en el marco del centenario de María Moliner. IFC-Deartamento de Educación, Cultura y Deporte del Gobierno de Aragón, Zaragoza, 167-192. ● 2023. “María Moliner, la aragonesa vetada por la RAE que publicó un diccionario y se convirtió en referente de la lengua española”. Hoy Aragón: https://hoyaragon.es/cultura-aragon/maria-moliner-la-aragonesa-vetada-por-la-rae-que-publico-un-diccionario-y-se-convirtio-en-referente-de-la-lengua-espanola/ ● 2017. “María Moliner, la mujer que escribió sola y a lápiz un diccionario dos veces más largo que el DRAE”. Vozpópuli: https://www.vozpopuli.com/altavoz/cultura/maria-moliner-escribio-diccionario-drae_0_1002500789.html

Aut@r da entrada / Author of the entry

María José Domínguez Vázquez / Lola Mosquera Sánchez

Tradución da entrada / Translation of the entry

María José Domínguez Vázquez / Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 21:59].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios