Imaxe do dicionario
María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario)

Mulleres na Lexicografía

O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no marco...
Ver descrición
Karpilovska, Yevgeniia

Creado por Lola o 13/03/2026 ás 07:54.

Nome

Karpilovs’ka Yevgeniia Anatoliyivna (Карпіловська Євгенія Анатоліївна)

Foto
Linguas de traballo

Ucraíno

Información biográfica

1957 (Ucraína)

Traxectoria profesional

Tras licenciarse en 1979 pola Universidade de Kíiv (Ucraína), traballou ata o 2011 no Instituto de Lingüística Oleksandr Potebny da Academia Nacional de Ciencias de Ucraína (Departamento de Lingüística Estrutural e Matemática), onde desenvolveu diversos cargos e funcións: axudante de laboratorio sénior, investigadora asociada junior, investigadora asociada, secretaria científica do instituto, secretaria científica sénior, investigadora asociada sénior e, finalmente, xefa do Departamento de Lingüística Estrutural e Matemática. Dende 2011, traballa no Instituto de Lingua Ucraína da Academia Nacional de Ciencias de Ucraína.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural

- Karpilovs’ka, E. A., Gryaznukhina,T. O. e Darchuk, N.P. (1998). “Обернений частотний словник сучасної української художньої прози” ("Dicionario de frecuencias inversas da prosa de ficción ucraína moderna"). Kíiv, Flash. - Karpilovs’ka, E. A., Klimenko, N. F., Kapilovsky, V.S. e Nedozim, T. I. (1998). «Словник афіксальних морфем української мови» ("Dicionario de morfemas afixais da lingua ucraína"). Kíiv, Instituto de Lingüística O.O. Potebny de Ucraína. - Karpilovs’ka, E. A. (2002). «Кореневий гніздовий словник української мови» ("Dicionario aniñado da lingua ucraína") (O primeiro en lexicografía ucraína). Kíiv, Enciclopedia Ucraína Bazhan. - Karpilovs’ka, E. A., Klymenko, N.F. e Kysliuk L.P. (2005). «Шкільний словотвірний словник сучасної української мови» ("Dicionario de vocabulario escolar da lingua ucraína moderna"). Kíiv, Editorial Naukova Dumka. - Karpilovs’ka, E. A. et al. (2016) 160. Ucraíno en Formación de palabras: Manual internacional das linguas de Europa, vol. 4. Berlín, Boston, De Gruyter Mouton.

Extractos de obras
Datos de interese

Foi secretaria responsable do Consello de Redacción da terceira edición da Enciclopedia da Lingua Ucraína. Dende o 2003 é membro da Comisión de Formación de Palabras Eslavas do Comité Internacional de Eslavistas.

Fontes

Páxina web do Institut of Language Studies: http://iml.basnet.by/karpilovska-ievhienija-anatoliyivna-karpilovskaia-ievhieniia-anatoljevna Foto: (2011). Ukrainian computer linguistics today. Polit.ua: http://polit.ua/lectures/2011/01/19/karpilovskaya.html

Aut@r da entrada

Yuliia Kroviakova

Tradución da entrada

Lola Mosquera Sánchez

María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario). 2022. Mulleres na Lexicografía. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/04/2026 ás 21:01].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios