Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Anna Maria Gallina
Español e Italiano / Spanish and Italian
Profesora da Universidade de Padua e lexicógrafa. Anna Maria Gallina naceu o 1 de outubro de 1919 en Mira (Venecia). Licenciouse en Linguas e literaturas estranxeiras coa especialización de lingua española, en 1943, no Real Instituto Universitario de Economía e Comercio da Universidade Ca’ Foscari de Venecia. Logo dun breve período de docencia en Secundaria, en 1950 comezou a traballar como Lectora de Lingua española na Facultade de Letras da Universidade de Padua. Pouco tempo despois, en 1953, obtivo a praza de profesora na Facultade de Ciencias Políticas da mesma universidade, cargo que desenvolveu ata a súa xubilación en 1985, impartindo materias de Lingua Española, cun orientamento didáctico eminentemente práctico. Finou en Mira (Venecia) o 12 de xuño de 2011. ENG Professor at the University of Padova and lexicographer. Anna Maria Gallina was born on 1 October 1919 in Mira (Venice). She graduated in Foreign Languages and Literatures with a specialisation in Spanish language, in 1943, at the Royal University Institute of Economics and Commerce of the Ca' Foscari University of Venice. After a brief period of teaching at secondary school, in 1950 she began to work as a Lecturer in Spanish Language at the Faculty of Arts of the University of Padua. Shortly afterwards, in 1953, she became a lecturer in the Faculty of Political Science at the same university, a post she held until her retirement in 1985, teaching Spanish Language subjects, with an eminently practical didactic orientation. She died in Mira (Venice) on 12 June 2011.
O labor investigador de Anna Maria Gallina deu como resultado numerosas publicacións que avalan a súa capacidade e rigor. Na bibliografía recollemos unicamente obras e artigos relacionados coa historiografía lexicográfica do español, que seguen a ser un referente no seu campo. Tamén dedicou unha parte da súa produción a estudos de didáctica do castelán, entre os que se atopan varios manuais, cun enfoque tradicional e comunicativo (gramática, libro de exercicios, curso de castelán...), orientados á docencia impartida por Anna Maria Gallina na Facultade de Ciencias Políticas (Castillo 2018). No que atinxe ao eido da lexicografía práctica, publicou tres pequenos dicionarios coa editorial milanesa Mursia, nos que amosa un profundo coñecemento do castelán e unha técnica lexicográfica sinxela e coherente. Trátase de dous dicionarios especializados e un terceiro de tipo xeral. Todos eles son unidireccionais, dado que están orientados a usuarios italianos. Tendo en conta o tipo de información proporcionada na microestrutura, especialmente nos artigos correspondentes á parte castelán-italiano, a súa finalidade é a comprensión e a tradución de textos españois. ENG Anna Maria Gallina's research work has resulted in numerous publications that attest to her ability and rigour. In the bibliography we only include works and articles related to the lexicographical historiography of Spanish, which continue to be a reference in her field. She also devoted part of her production to studies on the didactics of Spanish, including several manuals, with a traditional and communicative approach (grammar, exercise book, Spanish course...), oriented towards the teaching given by Anna Maria Gallina at the Faculty of Political Science (Castillo 2018). In the field of practical lexicography, he published three small dictionaries with the Milanese publisher Mursia, in which he demonstrates a profound knowledge of Spanish and a simple and coherent lexicographical technique. These are two specialised dictionaries and a third of a general type. All of them are unidirectional, since they are aimed at Italian users. Considering the type of information provided in the micro-structure, especially in the articles corresponding to the Spanish-Italian part, their purpose is the comprehension and translation of Spanish texts.
En 1986 publicou o Dizionario politico, economico, commerciale spagnolo-italiano, italiano-spagnolo. En 1990 o Dizionario spagnolo-italiano italiano-spagnolo e en 1992 o Dizionario commerciale: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo (vid. bibliografía). Estes dicionarios especializados non tiñan antecedentes en Italia e o seu lemario conta, respectivamente, con pouco máis de 7000 entradas (1986) e case 15.500 (1992). O dicionario de tipo xeral, en cambio, ten unhas 50.000 entradas. A estrutura destas obras é bastante sinxela, no estilo dos dicionarios compactos. As equivalencias son sempre axeitadas e as palabras culturais presentes no dicionario xeral adoitan contar cunha definición. Fai un uso das marcas lexicográficas proporcionado e correcto e emprega convenientemente, cando cómpre, as discriminacións de significado. Os exemplos e as unidades pluriverbais figuran baixo o apartado da fraseoloxía, que funciona a modo de “caixón de sastre”. En opinión de Cesáreo Calvo, "Si bien estos diccionarios (y en particular Gallina 1990) suponen un paso adelante en el panorama lexicográfico italoespañol, el vacío que había que cubrir era tan grande que por sí solo este diccionario no fue capaz de hacerlo. Son apreciables los esfuerzos por recoger numerosa fraseología, algunos neologismos, un cierto número de elementos coloquiales, pero son relevantes ciertas ausencias como las de los americanismos o el léxico vulgar." (Calvo 2008, p. 336). A novidade e coherencia destas obras, o sentido práctico das mesmas e o feito de ter sorteado erros que os dicionarios de maior tamaño seguían reproducindo ata aquel momento, demostran os coñecementos e a capacidade da autora, que sempre traballou de xeito individual. Se Anna Maria Gallina tivese conseguido formar un equipo que lle permitise abordar proxectos máis ambiciosos, probablemente, hoxe en día gozariamos dunha produción lexicográfica italoespañola maior e mellor. ENG In 1986 he published the Dizionario politico, economico, commerciale spagnolo-italiano, italiano-spagnolo. In 1990 the Dizionario spagnolo-italiano italiano-spagnolo and in 1992 the Dizionario commerciale: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo (see bibliography). These specialised dictionaries had no precedent in Italy and their lemmary has, respectively, just over 7000 entries (1986) and almost 15,500 (1992). The general dictionary, on the other hand, has about 50,000 entries. The structure of these works is quite simple, in the style of compact dictionaries. The equivalences are always appropriate and the cultural words in the general dictionary usually have a definition. It makes proportionate and correct use of lexicographical markings and makes appropriate use, where necessary, of discriminations of meaning. Examples and pluriverbal units are given under the heading of phraseology, which functions as a "catch-all". "Although these dictionaries (and in particular Gallina 1990) represent a step forward in the Italian-Spanish lexicographical panorama, the gap that had to be filled was so large that this dictionary alone was not capable of doing so. The efforts to collect numerous phraseology, some neologisms and a certain number of colloquial elements are appreciable, but some absences such as those of Americanisms or the vulgar lexicon are relevant" (Calvo 2008, p. 336). [translated quote] The novelty and coherence of these works, their practicality and the fact that they overcame errors that larger dictionaries had been reproducing up to that time, demonstrate the knowledge and ability of the author, who always worked individually. If Anna Maria Gallina had managed to form a team that would have allowed her to tackle more ambitious projects, we would probably enjoy a larger and better Italian-Spanish lexicographical production today.
Bibliografía lexicográfica de Anna Maria Gallina: 1955 - “Un intermediario fra la cultura italiana e spagnola nel sec. XVI: Alfonso de Ulloa”, en Quaderni ibero-americani, vol. 3, pp. 4-12. 1956 - “Un antico dizionarietto spagnolo-italiano”, en Quaderni Ibero Americani, vol. 24, pp. 601-604. 1957 - “Osservazioni sulla lessicografia italo-spagnola dei sec. XVI e XVTI”, en Filología romanza, 1, 13, pp. 398-435. 1959 - Contributi alla storia della lessicografia italo-spagnola dei secoli 16. e 17, L. S. Olschki, Firenze. 1986 - Dizionario politico, economico, commerciale spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Mursia, Milano, 351 pp. 1990 - Dizionario spagnolo-italiano italiano-spagnolo, Mursia, Milano, XXVI, 826 pp. [Reedición 1997]. 1991 - “La lexicographie bilingue espagnol-italien, italien-espagnol”, en Hausmann F. J. et al. (eds.), Wörterbücher/Dictionaries/Dictionnaires. Ein internationales Handbuchzur Lexikographie/An International Encyclopedia of Lexicography/Enciclopédie internationale de lexicographie, De Gruyter, Berlin-New York. 1992 - Dizionario commerciale: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Mursia, Milano, XIII, 528 pp.
Calvo Rigual, Cesáreo (2008), “El Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo (1990) y otras obras lexicográficas de A. Gallina”, en Félix San Vicente (ed.), Textos fundamentales de la lexicografía italoespañola (1917-2007). Monza: Polimetrica, pp. 313-337. Se se desexa coñecer estas obras en profundidade, a publicación de Cesáreo Calvo analiza polo miúdo, desde un punto de vista metalexicográfico, os dicionarios de Anna Maria Gallina. Castillo Peña, Carmen (2018), “Anna Maria Gallina y los primeros pasos de la enseñanza del español en la Universidad de Padua”, en Italiano LinguaDue, n. 1º, 1, Milano, pp. 134-148. Grazas ao exhaustivo labor investigador de Carmen Castillo, puidemos incluír os datos biográficos da autora e coñecer os pormenores do percorrido académico de Anna Maria Gallina, con valiosas informacións, tamén referidas aos programas das materias que impartiu e as publicacións vinculadas a estas. ENG Calvo Rigual, Cesáreo (2008), "El Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo (1990) y otras obras lexicográficas de A. Gallina", in Félix San Vicente (ed.), Textos fundamentales de la lexicografía italoespañola (1917-2007). Monza: Polimetrica, pp. 313-337. If one wishes to know these works in depth, Cesáreo Calvo's publication analyses in detail, from a metalexicographical point of view, Anna Maria Gallina's dictionaries. Castillo Peña, Carmen (2018), "Anna Maria Gallina y los primeros pasos de la enseñanza del español en la Universidad de Padua", in Italiano LinguaDue, n. 1º, 1, Milano, pp. 134-148. Thanks to the exhaustive research work of Carmen Castillo, it was possible to include the author's biographical data and to know the details of Anna Maria Gallina's academic career, with valuable information, also referring to the contents of the subjects she taught and the publications linked to them.
Maite Sanmarco Bande
Lola Sánchez Mosquera
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 11:51].
Inicia sesión para deixar un comentario.