Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Zaynab Fawwaz Al-Amili
Árabe
1860 (Tabine, Líbano) - 1914 (O Cairo, Exipto)
Cando era unha rapaza nova, traballou como criada no palacio de ʿAlī Bey al-Asʿad al-Ṣaghīr. Alí foi instruída por Fāṭimah al-Khalīl, esposa do príncipe e tamén poeta, quen recoñeceu e fomentou o seu potencial intelectual. Máis tarde, mentres vivía en Damasco co seu segundo marido, Adib Nazmi al-Dimashqi, fundou un salón literario no que, polo feito de levar o nicab, participaba nas discusións de maneira indirecta a través do seu marido como intermediario. Despois de trasladarse a Alexandría, ampliou os seus coñecementos grazas a figuras como o xeque Muhammad Shalaby, Hassan Hosni al-Tuwarani e o xeque Mohieddin al-Nabhani. Converteuse en alumna de Hasan Husni Pasha Al-Tuwayrani, poeta e propietario da revista Al-Nil, baixo cuxa orientación comezou a publicar numerosos artigos en xornais locais de prestixio como Al-Moayyed, Al-Nile, Al-Ahali, Al-Liwaa, Al-Ustaz e Al-Fata. Xunto a Aisha Taymur, foi unha das primeiras mulleres árabes que se expresaron publicamente a través da escritura. Os seus textos, que abranguían poesía e arte, criticaban con valentía as visións degradantes sobre as mulleres e o seu papel na sociedade. O seu compromiso cos principios feministas tamén se reflectía nos seus proxectos máis amplos. Por iso foi recoñecida como a primeira voz feminina en reclamar o espertar das mulleres, os seus dereitos e a igualdade cos homes. Zaynab recompilou e traduciu declaracións e historias de 456 mulleres destacadas de todo o mundo e de diferentes épocas nun completo dicionario biográfico de 552 páxinas titulado “O libro das perlas esparexidas sobre as categorías das mulleres", 1894, O Cairo: Al-Maṭbaʿa al-Adabiyyah), no que deliberadamente omitiu incluírse a si mesma. Esta obra monumental resaltou os logros das mulleres a nivel global. As súas achegas literarias non remataron aí. Zaynab fixo historia coa súa peza teatral 'Amor e fidelidade', a primeira obra escrita por unha autora árabe.
A obra lexicográfica máis relevante é: Fawwaz, Z. (1891). Al-Durr al-manthūr fī ṭabaqāt rabbāt al-khudūr [O libro das perlas esparexidas sobre as categorías das mulleres]. O Cairo: Al-Maṭbaʿa al-Adabiyyah. É un dicionario biográfico de 552 páxinas sobre os logros de 456 mulleres; cómpre destacar que se omitiu a si mesma, centrando o seu traballo en homenaxear as demais mulleres. Tamén publicou varias obras, entre as que se inclúen: Fawwaz, Z. (1893). Al-Hawā wa-al-Wafāʾ [Amor e fidelidade]. Beirut: Al-Maṭbaʿa al-Ahliyyah. Fawwaz, Z. (1899). Ḥusn al-ʿAwāqib: Ghādat al-Zahrāʾ [O final feliz]. O Cairo: Maṭbaʿat al-Hilāl. Fawwaz, Z. (1905). Al-Rasāʾil al-Zaynabiyya [As epístolas zaynabianas]. O Cairo: [Editorial non identificada]. Fawwaz, Z. (n.d.). Madrāk al-Kamāl fī Tarājim al-Rijāl [A percepción da perfección nas biografías de homes]. O Cairo: [Editorial non identificada]. Fawwaz, Z. (n.d.). Al-Jawhar al-Naḍīd fī Maʾāthir al-Malik al-Ḥamīd [The Precious Jewel in the Virtues of the Praised King] [A xoia preciosa nas virtudes do rei eloxiado]. O Cairo: [Editorial non identificada]. Fawwaz, Z. (1905). Al-Malik Qurush [King Cyrus][O rei Ciro]. O Cairo: [Editorial non identificada].
Fotografía da portada do dicionario Al-Durr al-manthūr fī ṭabaqāt rabbāt al-khudūr [O libro das perlas esparexidas sobre as categorías de mulleres]. (1981). O Cairo: Al-Maṭbaʿa al-Adabiyyah: الدر المنثور في طبقات ربات الخدور - مكتبة مركز الإمام الألباني Fotografía dunha entrada do dicionario Al-Durr al-manthūr fī ṭabaqāt rabbāt al-khudūr [O libro das perlas esparexidas sobre as categorías de mulleres]. (1891). O Cairo: Al-Maṭbaʿa al-Adabiyyah: الدر المنثور في طبقات ربات الخدور : Free Download, Borrow, and Streaming : Internet Archive
https://youtu.be/amP_LXyG-qQ?si=2wK_AJynNIQMdneN
É a primeira voz feminina que chama ao espertar das mulleres e defende os seus dereitos, a súa humanidade e a súa igualdade cos homes. A súa novela "حسن العواقب/Ḥusn al-Awaqib", (O final feliz, 1899) é considerada a primeira novela en árabe escrita por unha muller. A súa obra teatral, "الهوى والوفاء/Al-Haawa wa al-Wafa" (Paixón e fidelidade, 1893), é a primeira peza escrita en árabe por unha muller.
Booth, M. (2019). Forgetting and Remembering the Fearless Zaynab Fawwaz. In: ARABLIT & ARABLIT. Recuperado o 20 de outubro de 2025. https://arablit.org/2019/08/23/forgetting-and-remembering-the-fearless-zaynab-fawwaz/ Booth, M. (2021). The Career and Communities of Zaynab Fawwaz: Feminist Thinking in Fin-de-siècle Egypt. Oxford: Oxford University Press. https://doi.org/10.1093/oso/9780192846198.001.0001 Fawwaz, Z. (2025). In the history of the women’s movement in Lebanon. Recuperado o 20 de outubro de 2025. https://womenshistoryinlebanon.org/timeline/zaynab-fawwaz-writer-and-historian Fawwaz, Z. (2025). En Wikipedia. Recuperado o 20 de outubro de 2025. Zaynab Fawwaz - Wikipedia Fotografía de Zaynab Fawwaz: Wikipedia. Recuperado o 20 de outubro de 2025. Zaynab Fawwaz - Wikipedia
Alaa Hassan
Lucía Fuentes Busto
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 13:51].
Inicia sesión para deixar un comentario.