Imaxe do dicionario
María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario)

Mulleres na Lexicografía

O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no marco...
Ver descrición
Catrileo, María

Creado por RebecaG o 13/03/2026 ás 07:54.

Nome

María Catrileo Chiguailaf

Foto
Linguas de traballo

Mapudungun, español, inglés

Información biográfica

11 de xullo de 1945 - Nueva Imperial, Chile

Traxectoria profesional

María Catrileo é unha lingüista mapuche destacada polo seu papel fundamental na conservación da súa lingua materna, o mapudungun. Formouse no ámbito da pedagoxía das linguas e a lingüística aplicada na Universidade de Concepción e na Universidade de Chile. Posteriormente, especializouse en métodos de análise lingüística ao cursar un Máster en Lingüística na Universidade de Texas en El Paso (EE. UU.). O seu perfil único combina a metodoloxía académica occidental coa súa cosmovisión e cultura mapuche. Desenvolveu a maior parte da súa traxectoria profesional na Facultade de Filosofía e Humanidades como profesora da Universidade Austral de Chile (UACh), onde exerceu a cátedra de Lingua Mapuche e Lingüística. Ademais, tivo un papel esencial no deseño de currículos escolares para impulsar o ensino do mapudungun e o respecto pola diversidade en contextos bilingües. En 2009 recibiu o Premio Provincial de Conservación de Monumentos Nacionales polo seu labor de salvagarda do patrimonio inmaterial. Unha das súas maiores achegas foi conectar unha lingua indíxena con dúas linguas de alcance global na súa obra máis senlleira: o "Diccionario Lingüístico-Etnográfico de la Lengua Mapuche" (1987). Este dicionario trilingüe (mapudungun, español e inglés) non só define palabras, senón que explica o contexto cultural e etnográfico que lles dá sentido. A maiores, foi unha das principais responsables da normalización do idioma como impulsora e revisora do Alfabeto Unificado para a escritura do mapudungun, ferramenta que defende como clave para a supervivencia da lingua no século XXI. É tamén autora de manuais fundamentais para a aprendizaxe, como "La lengua mapuche en el siglo XXI".

Publicacións relevantes e contexto sociocultural

Catrileo, M. (2019): Mapudunguyu: curso de lengua mapuche, Santiago de Chile, Editorial Universitaria. Catrileo, M. (2005): Diccionario lingüístico etnográfico de la lengua mapuche: mapudungun, español, english, Santiago, Editorial Andrés Bello. Catrileo, M. (1995): Diccionario de uso del Mapudungun, Santiago, Editorial Andrés Bello. Catrileo, M. (2010): La lengua mapuche en el siglo XXI, Valdivia, Universidad Austral de Chile. Catrileo, M. (1988): Mapudungun: lengua mapuche, Valdivia, Facultad de Filosofía y Humanidades, UACh. Catrileo, M. (1987): Diccionario lingüístico etnográfico de la lengua mapuche, Valdivia, Universidad Austral de Chile. Catrileo, M. (1986): Alfabeto Unificado para la lengua mapuche, Santiago, Sociedad Chilena de Lingüística. Catrileo, M. (1972): A Tagmemic Phonology of Mapudungun (MA Thesis), El Paso, University of Texas.

Ligazóns

Catrileo, M. (2019). Mapudunguyu: curso de lengua mapuche. Santiago de Chile: Editorial Universitaria. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://books.google.cl/books?id=gyJgDwAAQBAJ&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false

Extractos de obras
Presenza nos medios

Mansilla, J. (1998). Entrevista a María Catrileo. Revista Austral de Ciencias Sociales. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de http://revistas.uach.cl/pdf/racs/n8/art04.pdf Diario UACh. (2010). Presentación del Libro «La Lengua Mapuche en el Siglo XXI» de María Catrileo. Recuperado el 27 de enero de 2026 de https://diario.uach.cl/presentacin-del-libro-la-lengua-mapuche-en-el-siglo-xxi-de-mara-catrileo/ UFRO. (2022). Universidad de La Frontera reconoció a la lingüista María Catrileo por su contribución a los saberes del pueblo mapuche. Recuperado el 27 de enero de 2026 de https://estudiosindigenas.ufro.cl/noticias/universidad-de-la-frontera-reconocio-a-la-linguista-maria-catrileo-por-su-contribucion-a-los-saberesdel-pueblo-mapuche/

Datos de interese

María Catrileo é recoñecida socialmente como un "Tesouro Humano Vivo" pola súa labor única de transmisión da memoria e a lingua mapuche, sendo unha figura fundamental para a salvagarda de tradicións en perigo de desaparecer. En 2022, foi homenaxeada pola Universidade de La Frontera como unha das mulleres máis influentes na defensa dos saberes do seu pobo. Así mesmo, destaca como un referente da lexicografía do século XX, abrindo camiño como muller e investigadora nativa nun ámbito que, naquela época, estaba dominado maioritariamente por homes e especialistas estranxeiros.

Fontes

Google Scholar. (n.d.). Perfil de citas de María Catrileo. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://scholar.google.com/scholar?q=Maria+Catrileo Ministerio das Culturas, as Artes e o Patrimonio de Chile. (n.d.). María Catrileo: Tesoro humano vivo y lingüista. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://www.cultura.gob.cl/ Patrimonio Cultural de Chile. (n.d.). Portadores de tradicións: Lingua Mapudungun. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://www.patrimoniocultural.gob.cl/ SciELO Chile. (n.d.). Artigos de María Catrileo en revistas científicas de lingüística. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://www.scielo.cl/ Universidad Austral de Chile. (n.d.). María Catrileo: Académica e investigadora de la Facultad de Filosofía y Humanidades. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://humanidades.uach.cl/ Universidad de La Frontera. (2022). Reconocimiento a María Catrileo por su contribución a los saberes mapuche. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://estudiosindigenas.ufro.cl/ Wikipedia. (n.d.). María Catrileo. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Catrileo Foto Diario UACh. (2024). Ediciones UACh reedita Diccionario Lingüístico-Etnográfico de la Lengua Mapuche de María Catrileo. [Imaxe]. Recuperado o 27 de xaneiro de 2026 de https://diario.uach.cl/ediciones-uach-reedita-diccionario-lingstico-etnogrfico-de-la-lengua-mapuche-de-mara-catrileo/

Aut@r da entrada

Rebeca Göthlin González

Tradución da entrada

Rebeca Göthlin González

María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario). 2022. Mulleres na Lexicografía. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 10/04/2026 ás 07:06].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios