Imaxe do dicionario
Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.)

Dicionario de xentilicios festivos

Sabes que ás persoas de Santiago de Compostela lles chaman picheleiras e ás da Coruña cascarilleiras? Coñeces algún nome festivo para chamarlles ás persoas que viven no teu lugar ou nun lugar próximo? Gustaríache compartir esas palabras? O obxectivo deste dicionario é construír entre toda a cidadanía un glosario de xentilicios festivos (ou pseudoxentilicios) do galego que se empreguen na actualid...
Ver descrición
pesca, pesco

Creado por anaiba o 07/05/2026 ás 17:06.

1.
Localidade

Malpica de Bergantiños

Tipo de entidade

Concello

Motivación

Pesco significa 'persoa que vive da pesca' e esta é unha localidade con tradición pesqueira.

Ligazón da fonte
Xentilicio oficial

malpicá, malpicán

Cantiga, refrán ou dito

As de Malpica son pescas / As de Buño son Oleiras / As de Carballo Modistas / As de Razo Marisqueiras. Os de Malpica son pescos, / os de Buño son oleiros, / os de Cambre, mariñáns, / os de Carballo, miñateiros .

2.
Localidade

Muxía

Tipo de entidade

Concello

Motivación

Pesco significa 'persoa que vive da pesca' e esta é unha localidade con tradición pesqueira.

Ligazón da fonte
Xentilicio oficial

muxiá, muxián

3.
Localidade

Caión

Tipo de entidade

Lugar

Concello

A Laracha

Motivación

Pesco significa 'persoa que vive da pesca' e esta é unha localidade con tradición pesqueira.

Ligazón da fonte
Xentilicio oficial

caionesa, caionés

Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.). 2026. Dicionario de xentilicios festivos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/05/2026 ás 19:34].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios