Imaxe do dicionario
Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.)

Dicionario de xentilicios festivos

Sabes que ás persoas de Santiago de Compostela lles chaman picheleiras e ás da Coruña cascarilleiras? Coñeces algún nome festivo para chamarlles ás persoas que viven no teu lugar ou nun lugar próximo? Gustaríache compartir esas palabras? O obxectivo deste dicionario é construír entre toda a cidadanía un glosario de xentilicios festivos (ou pseudoxentilicios) do galego que se empreguen na actualid...
Ver descrición
maleteira, maleteiro

Creado por anaiba o 29/04/2026 ás 10:31.

Localidade

A Pobra do Caramiñal

Tipo de entidade

Concello

Motivación

Cando se chegaba á Pobra por barco (había un transporte regular, nun vapor, que cruzaba a ría ata Vilagarcía), o primeiro que se vía eran os homes que viñan con carretas para recoller as maletas dos pasaxeiros, de onde 'maleteiros'

Xentilicio oficial

Pobrense

Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.). 2026. Dicionario de xentilicios festivos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/05/2026 ás 19:34].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios