Imaxe do dicionario
Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.)

Dicionario de xentilicios festivos

Sabes que ás persoas de Santiago de Compostela lles chaman picheleiras e ás da Coruña cascarilleiras? Coñeces algún nome festivo para chamarlles ás persoas que viven no teu lugar ou nun lugar próximo? Gustaríache compartir esas palabras? O obxectivo deste dicionario é construír entre toda a cidadanía un glosario de xentilicios festivos (ou pseudoxentilicios) do galego que se empreguen na actualid...
Ver descrición
magorrenta, magorrento

Creado por anaiba o 30/04/2026 ás 14:41.

Localidade

Palmeira

Tipo de entidade

Lugar

Concello

Ribeira

Motivación

Derivado cun sufixo despectivo de "magorro", as tripas do polbo.

Variantes

magarrenta, magarrento

Xentilicio oficial

palmeirá, palmeirán

Cantiga, refrán ou dito

Magarrentos de Palmeira, / pelados son os da vila, / para cantar e bailar, / vivan os de Santa Uxía! Os do Castelo mataron un burro, / os do Caramiñal comérono crudo, / os de Palmeira izaron bandeira, / para comerse a tripa cagueira

Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.). 2026. Dicionario de xentilicios festivos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/05/2026 ás 19:35].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios