Entre o 25 e o 26 de marzo celebrouse na Universidade de Santiago de Compostela o III Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC).
Novidades
-
III Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC)
25/03/15 -
Unha investigadora do ILG, na Goldsmiths University of London
24/03/15Noemi Basanta Llanes, investigadora do ILG, foi convidada pola Goldsmiths University of London a pronunciar unha conferencia sobre xénero e identidade na linguaxe o día 24 de marzo.
-
Unha investigadora do ILG, na University of Oxford
09/03/15Noemi Basanta Llanes, investigadora do ILG, visitou a University of Oxford, convidada polo Centre for Galician Studies, para pronunciar unha conferencia sobre xénero e identidade na linguaxe o día 9 de marzo.
-
Presentación do proxecto CORILGA
20/02/15O venres 20 de febreiro tivo lugar a presentación do proxecto Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega (CORILGA). A exposición realizouse no seminario A ás 13:00 h.
-
ELG en ERIH PLUS
06/02/15A revista Estudos de Lingüística Galega acaba de ser incluída, por decisión do NSD (Norwegian Social Science Data Services), no ERIH PLUS. A inclusión de ELG neste índice é un recoñecemento da calidade acadada por esta publicación.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
06/02/15Convocatoria pública 2/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
-
Conferencia sobre o /r/ retroflexo no Brasil
30/01/15O venres 30 de xaneiro, ás 13:00 h, Hélen Silva, investigadora da Universidade Estadual de Londrina, realizou unha presentación sobre "O que os dados do ALiB revelam sobre o /r/ retroflexo em São Paulo".
-
Presentación volume "Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa"
29/01/15O xoves 29 foi presentado en rolda de prensa o volume Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, do que son editores Xulio Sousa, Marta Negro Romero e Rosario Álvarez.
-
Presentación Gallaeciae Monumenta Historica
15/01/15O xoves 15 de xaneiro no CCG ás 12:30 h, tivo lugar a presentación do proxecto Gallaeciae Monumenta Historica, no que participa o ILG.
-
Chamamento para contribucións (Call for papers)
15/01/15A revista Estudos de Lingüística Galega fai unha chamada para o envío de contribucións que serán publicadas no número 7 (2015). O prazo para a recepción de traballos remata o 15 de xaneiro de 2015.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »