Xulio Sousa coedita un número especial da revista Dialectologia

Data: 
Martes, Enero 12, 2016 - 11:45
Imaxe: 

A revista electrónica Dialectologia acaba de publicar un número especial, coeditado polo secretario do Instituto da Lingua Galega da USC, Xulio Sousa; Carlota de Benito, da Universidade de Zürich; e Víctor Lara, da Universidad Autónoma de Madrid.

Neste volume, Special Issue 2015 Syntatic variation in Western European Languages. From the noun phrase to clause structure, participa tamén persoal investigador do ILG, como Rosario Álvarez ("The accusative clitic in intransitive verb constructions: aí o vai, aquí as están"), Rosa Mouzo Villar e Carolina Pérez Capelo ("Conditional sentences in the ALPI. A contrastive analysis of the peninsular northwest") e Eduardo Louredo Rodríguez ("On the use of the article with people's proper names in Galician").

Esta edición extraordinaria de Dialectologia está dedicada ao estudo da variación sintáctica nun conxunto de variedades lingüísticas faladas no occidente europeo. Desde diferentes perspectivas abórdanse aspectos da variación sintáctica que afectan tanto ás unidades frásticas nominais como ás estruturas oracionais.

O contido deste novo número de Dialectologia ten relación co IV Encontro Wedisyn sobre variación sintácticaque se celebrou na Universidade de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril de 2013 e cuxo comité organizador estivo dirixido tamén por Xulio Sousa.