Interoperabilidade de recursos e produción automática de linguaxe natural

Descrición: 

Esta liña ten como obxectivo, por unha banda, explorar a interoperabilidade entre recursos existentes para o galego, como dicionarios electrónicos e diferentes corpus, e, por outra, a conectividade entre os recursos monolingües e outros pluri ou multilingües, particularmente os provistos de maior sustento valencial, de cara á ánalise de vías de retroalimentación e posíbeis interaccións. Este estudo é o paso previo a unha proposta de desenvolvemento de ferramentas de xeración automática de linguaxe natural a partir de patróns sintáctico-semánticos argumentais e en ontoloxías semánticas que clasifican a extracción de léxico con consultas a Galnet, o wordnet do galego.

Actividades

Análise da interoperabilidade entre recursos:
- Creación da API para o galego
 
Organización de actividades:
- Organización do obradoiro “Ontologías de semántica lingüística: clases en el lexicón para la generación de frases nominales”. Madrid: Universidade Complutense de Madrid, 16-17 de maio de 2019.

 

Subproxecto: Ferramentas TraduWord e XeraWord: tradución de caudal léxico automática da linguaxe natural en galego e portugués
Institucións
​- Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela
- Instituto Politécnico do Cávado e Ave (IPCA) - Barcelos
- Universidade de Vigo
 
Membros do equipo
- Daniel Bardanca Outeiriño
- Xavier Gómez Guinovart
- José Luis Iglesias Allones
- Alberto Simões
- Carlos Valcárcel Riveiro
 
Prototipos
Flexionador nominal: proporciona a flexión da palabra consultada en galego e portugués de maneira gratuíta.
TraduWord: ferramenta que permite a tradución de repertorios de clases semánticas así como dos seus exemplares en relación paradigmática para o galego e o portugués.
XeraWord: prototipo de xeración automática da frase nominal simple para o galego e o portugués baseado na tradución automática do léxico extraído de WordNet.
 
Subproxecto: LexVoc – Vocabulary of Lexicographic Terms

Proxecto ao abeiro de Elexis – European lexicographic infrastructure

LexVoc (lexicographic vocabulary) to Galician
 
Coordinación
- Carlos Valcárcel Riveiro (desde 2021)
 
Membros do equipo
- Iván Arias Arias
- Raúl Fernández Bugallo
- Lola Mosquera Sánchez
Imaxe: 
Fecha de ejecución: 
2019
Financiamiento: 
TraduWord e XeraWord: convocatoria de proxectos colaborativos para institutos de investigación da USC (2020)
LexVoc: programa Horizonte 2020 da Comunidade Económica Europea (n.º 731015)