Ata o 31 de outubro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
News
-
Destacado
Aberto o prazo de inscrición para a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
10/31/24 -
Destacado
IX Xornada de Onomástica Galega
10/19/24Ana Boullón e Luz Méndez, membros do noso centro, coordinan un ano máis a Xornada de Onomástica Galega que organiza a Real Academia Galega. Baixo o título Os outros nomes, o encontro terá lugar o 19 de outubro no Museo de Pontevedra.
-
Destacado
Novo manual para as aulas de Lingua Galega e Literatura
10/11/24Encóntrase dispoñible en liña o documento de traballo Recursos e novas metodoloxías para as aulas de Lingua Galega e Literatura, coordinado polas investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei e polo profesor de ensino secundario Nel Vidal Barral, e editado polo Consello da Cultura Galega.
-
Destacado
Artigo de Ignacio Palacios e Paloma Núñez Pertejo en ELG
10/11/24Ignacio Palacios Martínez e Paloma Núñez Pertejo, da USC, asinan o artigo "Novas prácticas lingüísticas dos falantes urbanos mozos de Londres e Madrid. Un estudo contrastivo baseado en corpus", publicado no n.º 16 da revista en liña Estudos de Lingüística Galega.
-
Destacado
Vítor Míguez publica un libro sobre a modalidade en galego
07/15/24O investigador do ILG Vítor Míguez vén de publicar en Jonh Benjamins o libro Revisiting modality: A corpus-based study of epistemic adverbs in Galician, que presenta a primeira investigación en profundidade sobre a modalidade na lingüística galega.
-
Destacado
Número especial da revista 'Languages' sobre lingüística galega
05/21/24Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics. Xa se poden consultar en liña os catro primeiros artigos.
-
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/08/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:
-
Conferencia de Juan Manuel Fustes no ILG
10/09/24O profesor Juan Manuel Fustes Nario, da Universidad de la República (Montevideo), ofrecerá a conferencia Ensinar o saber dos falantes. Reflexións ao redor dunha indagación no ensino do galego nas últimas catro décadas o 9 de outubro, ás 13 h, na sala de divulgación do noso centro.
-
Elisa Fernández Rei participa nunha mesa redonda sobre CLARIAH
10/07/24Elisa Fernández Rei participa o 7 de outubro, ás 11:00 h, na mesa redonda CLARIAH-ES: Impulsando las Humanidades Digitales en España, en que a directora do ILG representa o nodo galego da rede.
-
IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico
10/03/24Encóntrase aberto ata o 30 de xuño o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da USC.