O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do ILG, que conta de novo coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.
News
-
Simposio ILG 2024. Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos
11/27/24 -
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/08/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:
-
Aberto o prazo de inscrición para a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/06/24Ata o 6 de novembro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
-
Obradoiro de Eva M.ª Domínguez Noya na Universidad de La Rioja
10/26/24A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya impartiu o 21 de outubro na Universidad de La Rioja un obradoiro dentro do seminario Los corpus lingüísticos: creación, aplicación y explotación.
-
Conferencia de Carme Silva na Universiteit Leiden
10/23/24A investigadora do ILG Carme Silva ofreceu o día 22 a conferencia "Políticas de retorno diaspórico desde Latinoamérica a Galicia (España): la eterna contradicción entre la sangre y la lengua" na Universiteit Leiden.
-
IX Xornada de Onomástica Galega
10/19/24Ana Boullón e Luz Méndez, membros do noso centro, coordinan un ano máis a Xornada de Onomástica Galega que organiza a Real Academia Galega. Baixo o título Os outros nomes, o encontro terá lugar o 19 de outubro no Museo de Pontevedra.
-
Congreso da AJL en Santiago de Compostela
10/16/24Do 16 ao 18 de outubro ten lugar na Facultade de Filoloxía da USC o XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas, que conta na súa organización cos membros do ILG Iván Arias Arias, Estela Fidalgo Garra, Miguel Guisantes Alonso e Clara Lago Caamaño.
-
Conferencia de Eva M.ª Domínguez Noya
10/16/24A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya ofrecerá a conferencia "A anotación morfosintáctica de corpus: o sistema XIADA" o 16 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Artigo de Ignacio Palacios e Paloma Núñez Pertejo en ELG
10/11/24Ignacio Palacios Martínez e Paloma Núñez Pertejo, da USC, asinan o artigo "Novas prácticas lingüísticas dos falantes urbanos mozos de Londres e Madrid. Un estudo contrastivo baseado en corpus", publicado no n.º 16 da revista en liña Estudos de Lingüística Galega.
-
Conferencia de Juan Manuel Fustes no ILG
10/09/24O profesor Juan Manuel Fustes Nario, da Universidad de la República (Montevideo), ofrecerá a conferencia Ensinar o saber dos falantes. Reflexións ao redor dunha indagación no ensino do galego nas últimas catro décadas o 9 de outubro, ás 13 h, na sala de divulgación do noso centro.