A cuarta edición desta actividade, que terá lugar o 5 de novembro de 2026 na Facultade de Filoloxía da USC, continúa a ter como propósito promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Este evento é organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 2 de novembro.
Novidades
-
05/11/26
!
IV Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
-
30/10/26
!
Dolores Vilavedra edita o epistolario inédito de Alejandra Murguía para rescatar a súa figura e o legado de Rosalía
A Cátedra Rosalía de Castro da USC acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a vida e a obra de Rosalía. Este volume, editado pola investigadora do ILG Dolores Vilavedra e prologado por Xesús Alonso Montero, pódese descargar de balde na Libraría Dixital da USC.
-
08/10/26
!
María Pérez Lago gaña o Premio Ícarus 2026 polo seu traballo en tecnoloxías da fala para o galego
A investigadora do ILG e integrante do Proxecto Nós María Pérez Lago foi galardoada co primeiro Premio Ícarus 2026 na área de Artes e Humanidades. O recoñecemento foille concedido polo seu Traballo Fin de Mestrado (TFM) titulado Avaliación de tecnoloxías de síntese de voz: un estudo de dous modelos TTS para a lingua galega, unha investigación realizada baixo a dirección do investigador do noso centro Xosé Luís Regueira.





