O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do ILG, que conta de novo coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.
Novidades
-
27/11/24
!
Simposio ILG 2024. Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos
-
22/11/24
!
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
-
12/11/24
!
Xulio Sousa e Ernesto González Seoane coordinan un manual de lingüística galega editado en De Gruyter
Acaba de saír do prelo Manual of Galician Linguistics, unha obra coordinada por Xulio Sousa e Ernesto González Seoane na editorial alemá De Gruyter e concibida para servir como traballo de referencia fundamental para o estudo da lingua galega.