O venres 12 de setembro ás 13:00 h no seminario A do ILG, o investigador Facundo Reyna Muniain presentou o seu proxecto de investigación sobre "Estratexias de revitalización e recuperación da lingua na diáspora de Bos Aires no século XXI".
Novidades
-
Conferencia sobre estratexias de recuperación da lingua en Bos Aires
09/09/14 -
Convocatoria pública de contratación de persoal
09/09/14Convocatoria pública 10/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
-
Methods in Dialectology XV
11/08/14Entre o 11 e o 15 de agosto celebrouse en Groningen o congreso Methods in Dialectology XV: The Future of Dialects.
-
O ILG publica o sexto número da súa revista
03/08/14O ILG presenta un novo número da súa revista Estudos de lingüística galega. A publicación, que se edita desde 2009, inclúe neste sexto número artigos científicos de investigadores das tres universidades galegas e doutras institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
16/07/14Convocatoria pública 7/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
-
Presentación de investigación en curso
11/07/14O venres día 11 de xullo ás 13:00 h, Juan Bernardo Estrada Hernández presentou o seu proxecto de investigación sobre "La formación de los hipocorísticos en el español de México".
-
Cursos de verán de lingua e cultura galegas 2014
02/07/14Estes cursos están dirixidos a persoas de fóra de Galicia, coa finalidade de ofrecerlles a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia.
-
Conferencia de Benjamin Campbell
27/06/14O venres 27 de xuño ás 12:30 h, o profesor Benjamin Campbell, do Departamento de Antropoloxía da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, impartirá unha conferencia titulada "The Emergence of Language With Music and Ritual: An Hypothesis".
-
II Congreso Internacional Nebrija
26/06/14Entre o 26 e o 28 de xuño celebrarase en Madrid o II Congreso Internacional Nebrija en Lingüística Aplicada a la Enseñanza de Lenguas: En camino hacia el plurilingüismo, organizado pola Universidad Nebrija.
-
CODILI3
23/06/14Entre o 23 e o 25 de xuño terá lugar o III Coloquio Internacional sobre Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI3) na Universität Zürich.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- seguinte ›
- última »