Investigadores e investigadoras da Universidade do Pará (Brasil) poñen a disposición do público a fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará.
Novidades
-
Fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará
10/12/18 -
Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”
29/11/18O xoves 29 de novembro tivo lugar a Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”, organizada polo Consello da Cultura Galega e a rede TecAnDaLi.
-
Incorporación dun centro de ensino portugués ao programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
28/11/18O alumnado do Curso Profissional de Técnico de Turismo da Escola Básica e Secundária de Rebordosa participa este ano lectivo no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional.
-
Feira da Innovación da USC
27/11/18O profesor Francisco Dubert participou o martes 27 de novembro na I Feira da Innovación da USC coa conferencia “As linguas en contacto”.
-
Corpus e construcións: perspectivas hispánicas
22/11/18Do 22 ao 23 de novembro tivo lugar na Facultade de Filoloxía da USC o congreso Corpus e construcións: perspectivas hispánicas.
-
150 aniversario da Gramática gallega de Saco Arce
16/11/18O vindeiro 22 de novembro terá lugar en Ourense unha xornada en homenaxe a Juan Antonio Saco Arce, co gallo do 150 aniversario da publicación da Gramática gallega. O acto, organizado polo Seminario de Gramática da Real Academia Galega, desenvolverase no IES Otero Pedrayo de Ourense.
Neste encontro participarán varios investigadores do ILG:
-
Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica
12/11/18Neste simposio pretendemos mostrar posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Os conferenciantes convidados mostrarán de que xeito se pode abordar a descrición e análise desta constante na historia lingüística da humanidade.
-
Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania
12/11/18María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane editan un volume sobre Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania, publicado en Iberoamericana Vervuert.
-
I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística
09/11/18O venres 9 de novembro tiveron lugar na Universidade de Aveiro as I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística. Neste encontro participaron os profesores Francisco Dubert e Xulio Sousa, especialistas en xeografía lingüística e variación lingüística.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
08/11/18Resolución 13/2018, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »