Convócase un contrato no ILG a tempo parcial para traballar no proxecto Atlas Lingüístico Galego.
Novidades
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
21/12/21 -
Rosario Álvarez recibe o premio Otero Pedrayo
20/12/21A nosa compañeira Rosario Álvarez recibiu o sábado o Premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, nunha gala celebrada no Pazo da Deputación de Pontevedra. A escritora e académica Fina Casalderrey foi a encargada de realizar a loa na súa honra.
-
Eva Domínguez Noya e Vítor Míguez en tehcLING2021-UVigo-T&P
17/12/21Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez Rego, investigadores do ILG, participan o 17 de decembro, ás 12 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P.
-
María Álvarez de la Granja en TechLING2021-UVigo-T&P
16/12/21A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja participará o 16 de decembro, ás 11:00 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P. VI Congreso internacional en lingua, lingüística e tecnoloxía.
-
Ana Boullón, nova académica de número da RAG
13/12/21A investigadora do ILG Ana Isabel Boullón Agrelo ingresou na Real Academia Galega o 11 de decembro tras a lectura do discurso Todos os nomes: identidade, pobo, país.
-
Ana Boullón ingresará na RAG o 11 de decembro
11/12/21A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 11 de decembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Ana Isabel Boullón Agrelo como membro de número da Institución. O acto terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal.
-
Xulio Sousa nos Obradoiros TFG/TFM da Facultade de Filoloxía
02/12/21O investigador do ILG Xulio Sousa participará o xoves 2 de decembro, ás 18:00 h, nos Obradoiros do TFG/TFM organizados na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Manuel González, novo académico correspondente de Euskaltzaindia
29/11/21O investigador Manuel González González foi elixido académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca.
-
Conferencia de Xulio Sousa na Universidade Federal de Mato Grosso do Sul
28/11/21O investigador do ILG Xulio Sousa participou cunha conferencia nos cursos organizados polo Núcleo de Estudos do Léxico da Universidade Federal de Mato Grosso do Sul.
-
Defensa da tese de doutoramento de Concepción Álvarez Pousa
26/11/21O venres 26 de novembro, ás 11:30 h, Concepción Álvarez Pousa defenderá a súa tese de doutoramento "A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »