Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas

Data de inicio: 
Martes, Noviembre 28, 2023 - 15:30
Data de fin: 
Jueves, Noviembre 30, 2023 - 20:30

Este encontro aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico. Alén diso, propón unha reflexión sobre as identidades e ideoloxías lingüísticas das persoas falantes de linguas minorizadas, destacando a intersección con outras identidades, como étnicas e de xénero. A diversidade lingüística e o uso de repertorios lingüísticos en contextos de contacto lingüístico tamén son temas tratados, xuntamente co multilingüismo, a interculturalidade e a superdiversidade lingüística.

Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG terá lugar do 28 ao 30 de novembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Poster: 

Sección