Gramática da lingua galega

Descrición: 

Este equipo constituíuse hai xa algúns anos, arredor do proxecto Gramática xeral descritiva do galego moderno, nacido no seo do ILG co obxecto de describir o diasistema do galego moderno (séculos XIX-XXI), atendendo ás distintas variantes xeográficas, cronolóxicas, sociais e estilísticas comprobables na actualidade. Indivualmente ou en parcería, os seus membros teñen unha liña de traballo ininterrompida neste campo.

Con posterioridade, este equipo de gramáticos, coordinado por Rosario Álvarez, asumiu a encarga de elaborar a gramática institucional da Real Academia Galega. O obxectivo académico
é redactar unha gramática descritiva do galego estándar, capaz de orientar sobre o uso e as múltiples opcións lingüísticas, e asemade sobre a corrección gramatical, dirixida a usuarios de amplo espectro, con certo nivel cultural pero sen coñecementos técnicos en lingüística. Os criterios foron definidos en Álvarez/Monteagudo 2004.

A fins de 2010 redactouse e asinouse un convenio de colaboración entre a RAG e a USC (a través do ILG), que formaliza o compromiso entre ambas as partes. Prevese un prazo de execución de tres anos, polo que a fins de 2013 debería estar entregado o texto definitivo.

Imaxe: 
Fecha de ejecución: 
2010
Financiamiento: 
Convenio coa Real Academia Galega (2011-2013)