Novedades
-
Xulio Sousa, novo catedrático de Filoloxía Galega
30/10/25O investigador do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa é desde o pasado 27 de outubro catedrático do Departamento de Filoloxía Galega da USC. Sousa defendeu o seu currículo e o seu proxecto diante dun tribunal conformado por Andrés Enrique Arias (UIB), Ana Isabel Boullón Agrelo (USC), Inés Fernández Ordóñez (UAM), Henrique Monteagudo (USC) e Fernando Ramallo (UVigo). -
Curso de Xestión do Tempo
28/10/25O 28 e 29 de outubro vai ter lugar no noso centro un curso de xestión do tempo de 5 horas de duración dirixido a todo o persoal do Instituto da Lingua Galega e ao alumnado de doutoramento.
-
XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social
23/10/25Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
-
Ernesto González Seoane, novo membro de número da RAG
20/10/25O investigador do Instituto da Lingua Galega Ernesto González Seoane foi elixido novo membro de número da Real Academia Galega (RAG), institución da que é membro correspondente desde o ano 2004 e forma parte do seu Seminario de Gramática.
-
Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA
15/10/25A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada este mércores 15 na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Curso formativo sobre o sistema LATEX no ILG
07/10/25O 7 e 8 de outubro tivo lugar na sala de divulgación do noso centro o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez.
-
Visita e café con Celineide dos Santos
07/10/25O martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana, quen nos falará do proxecto que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG.
-
Presentación do volume monográfico 'New Developments in Galician Linguistics'
18/09/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira presentan na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 18 de setembro, ás 12 h, o número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics.
-
A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega
17/09/25Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.
-
Lexicography on the Road V
17/09/25O evento Lexicography on the Road V, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, continúa ao longo do mes de outubro con conferencias e obradoiros a cargo de Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo).





