Xornadas de Lingua no II Festival de Música Galego-Portuguesa

Data: 
Viernes, Junio 15, 2018 - 10:30
Imaxe: 
Do venres 15 ao domingo 17 de xuño terá lugar en Cedeira a segunda edición do Festival de Música Galego-Portuguesa, organizado polo Concello de Cedeira e que nesta ocasión está centrado no ámbito da lusofonía.
 
Alén das actividades especificamente musicais, o programa do festival inclúe tamén unhas Xornadas de Lingua nas que se tratarán cuestións como as normas ortográficas reintegracionistas ou o uso normalizado. Nestas xornadas participará o investigador do ILG e profesor da USC Ramón Mariño Paz, quen ofrecerá o relatorio "Galego-portugués, galego e portugués".