Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS
Data:
Sábado, Noviembre 15, 2025 - 13:00
Imaxe:

O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil (https://alib.ufba.br/cids), vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. Este evento pretende ser un espazo de intercambio e reflexión sobre a diversidade lingüística, a variación dialectal e as dinámicas sociolingüísticas, en contextos actuais e históricos.
Nesta edición, que presentamos baixo o título Cartografías da lingua: variación, contacto e planificación, prestarase unha atención especial aos procesos de variación nas situacións de contacto lingüístico e ás estratexias de planificación e xestión da diversidade lingüística, tanto desde perspectivas empíricas coma teóricas, e en diferentes contextos xeográficos e temporais. Por outra banda, son especialmente benvidas neste congreso as contribucións sobre linguas minorizadas.
As persoas interesadas deberán enviar un resumo (máx. 300 palabras, bibliografía non incluída), indicando título, autoría, correo electrónico, filiación e eixe temático, antes do 15 de novembro de 2025 (indicarase o método de envío proximamente). Para calquera dúbida, pódese contactar co Comité Organizador a través do correo cids8.congreso@usc.gal.
Descargas: