Presentación do libro Lusophone, Galician, and Hispanic Linguistics. Bridging Frames and Traditions

Data: 
Lunes, Julio 22, 2019 - 12:00
Imaxe: 

O luns, día 22 ás 12.00 horas, tivo lugar na Aula 1 da Facultade de Filosofía a presentación do libro Lusophone, Galician, and Hispanic Linguistics. Bridging Frames and Traditions (London / New York, Routledge 2019), editado por Gabriel Rei-Doval (Univ. de Wisconsin - Milwaukee) e Fernando Tejedo-Herrero (Univ. de Wisconsin - Madison).

No acto interviron Xosé Luís Regueira (Instituto da Lingua Galega, Univ. de Santiago de Compostela), Javier Rivas (Univ. de Colorado-Boulder), Gabriel Rei-Doval (coeditor, Univ. de Wisconsin-Milwaukee) e Ernesto González Seoane (coautor, Instituto da Lingua Galega, Univ. de Santiago de Compostela).