Perífrases de xerundio no portugués do Brasil

Data: 
Viernes, Mayo 19, 2017 - 13:00
Imaxe: 

O próximo venres 19 de maio Quezia dos Santos Lopes, investigadora da Universidade Federal do Rio de Janeiro que está a realizar unha estadía de investigación no noso centro, dará unha charla sobre perífrases de xerundio no portugués do Brasil. A conferencia, que leva por título "Uma análise construcional das perífrases de gerúndio de aspecto cursivo no Português do Brasil", terá lugar na Sala de conferencias do ILG ás 13 h.