Elisa Fernández Rei coedita un número especial de Dialectologia

Data: 
Viernes, Noviembre 11, 2016 - 14:00
Imaxe: 

A revista electrónica Dialectologia acaba de publicar un número monográfico sobre xeoprosodia nas linguas románicas, editado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega Elisa Fernández Rei e as colegas da Universidade de Aveiro Lurdes de Castro Moutinho e Rosa Lídia Coimbra.

Neste volume, Special Issue VI 2016, participa tamén persoal investigador do ILG, como Xulio Sousa e Francisco Dubert ("On quantitative geolinguistics: an illustration from Galician dialectology") e Alba Aguete Cajiao et al. ("FOLERPA: a tool for building and conducting perceptual experiments").