Convocatoria pública de contratación de persoal
Convocatoria pública 3/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
PROXECTO
- Traballo a realizar: Revisión e clasificación de datos para a realización dunha análise dialectométrica da información do Atlas Lingüístico Galego
- Referencia da actividade: 2013-PG069
- Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
- Investigador responsable: Xulio César Sousa Fernández
- Número de prazas: 1
CONDICIÓNS DO CONTRATO
- Retribución bruta mensual: 825,00 €
- Duración do contrato: 9 meses
- Data inicio prevista: 01/04/2014
- Data fin prevista: 31/12/2014
- Xornada laboral: tempo parcial
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas.
Corrixido o erro de acordo co texto da convocatoria oficial. Polo tanto, non poderán presentarse solicitudes de persoas con outras titulacións distintas das indicadas na convocatoria oficial.
MÉRITOS: expediente académico (40 %), experiencia en análise dialectométrica de datos (30%), publicacións relacionadas coa investigación dialectal (30%)
***************************************************************************************
PROXECTO
- Traballo a realizar: Mantemento e ampliación do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega
- Referencia da actividade: 2013-PG069
- Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
- Investigador responsable: Xosé Luís Regueira Fernández
- Número de prazas: 1
CONDICIÓNS DO CONTRATO
- Retribución bruta mensual: 825,00 €
- Duración do contrato: 9 meses e 15 días
- Data inicio prevista: 15/03/2014
- Data fin prevista: 31/12/2014
- Xornada laboral: tempo parcial
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Filoloxía Románica ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas
MÉRITOS: expediente académico (60 %), título de máster de peril investigador (10%), experiencia en traballo con córpora orais (10%), coñecemento e experiencia de traballo coas programas Praat e Elan (10%), entrevista persoal (10%)
***************************************************************************************
PROXECTO
- Traballo a realizar: Revisión da base de datos do volume a redactar do Atlas Lingüístico Galego, elaboración, revisión e corrección de mapas, lendas e notas, corrección de probas de imprenta do volume
- Referencia da actividade: 2013-PG069
- Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
- Investigador responsable: Francisco Fernández Rei
- Número de prazas: 1
CONDICIÓNS DO CONTRATO
- Retribución bruta mensual: 825,00 €
- Duración do contrato: 8 meses e 15 días
- Data inicio prevista: 15/04/2014
- Data fin prevista: 31/12/2014
- Xornada laboral: tempo parcial
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
REQUISITOS: Licenciatura en Filoloxía Galega, Licenciatura en Filoloxía Románica, ou Grao en Lingua e Literatura Galegas
MÉRITOS: expediente académico (licenciatura ou grao) (70%), investigación en dialectoloxía galega (20%), entrevista persoal os candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (10%)