Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía

Data: 
Miércoles, Noviembre 26, 2025 - 10:00
Imaxe: 

No marco das actividades conmemorativas do quincuaxésimo aniversario da súa fundación, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións durante os días 26, 27 e 28 de novembro de 2025, na modalidade presencial. Ramón Mariño Paz, investigador do Instituto da Lingua Galega, forma parte do comité organizador deste evento dirixido pola docente Rosa Marta Gómez Pato.

Neste encontro reflexionarase sobre a filoloxía que se está a facer nos nosos días e tamén sobre o que o que cabe esperar da filoloxía que se faga nas próximas décadas. O debate xirará ao redor de tres grandes cuestións:

1. Narrativas, culturas e sociedades
2. Filoloxía e tecnoloxías da información e a comunicación
3. Filoloxía e transdisciplinariedade
 
As persoas interesadas poderán participar no congreso presentando unha comunicación (20 minutos para a presentación e 10 minutos para o debate), un panel (mínimo 2, máximo 4 persoas), un póster académico ou como asistentes. As linguas das comunicacións, paneis ou pósters poderán ser calquera unha das que se estudan na facultade: alemán, catalán, español, francés, galego, inglés, italiano, portugués e romanés.

Para participar será preciso enviar, ata o 30 de xuño de 2025, un resumo de 250-300 palabras (na lingua seleccionada para a comunicación, panel ou póster e en inglés), xunto cunha breve nota bio-bibliográfica (ao redor de 100 palabras e na mesma lingua da intervención), a través do formulario dispoñible en https://pretalx.com/ffiloloxia50anos/cfp.