Conferencia de Abigail Ruth Price

Data: 
Martes, Febrero 11, 2014 - 11:45
Imaxe: 

O martes 11 de febreiro ás 11:45 horas no seminario A do ILG, a profesora Abigail Ruth Price, da Universidade de Bangor, presentou unha exposición sobre a situación sociolingüística do galés.

A conferencia, titulada "Is "reversed diglossia" coming to Wales? Investigating the linguistic habits of adolescents in Wales and beyond", tratou sobre as tendencias sociolingüísticas actuais na sociedade galesa e os fenómenos vencellados a prestixio, lingua e mocidade.