Simposio 2013: Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa

Data inicio: 
Jueves, Noviembre 28, 2013 - 16:00

O simposio 2013 centra a súa atención na fronteira galego-portuguesa. Pouco sabemos dos criterios con que foi trazada en orixe nin, polo tanto, en que medida respondía a trazos antropolóxicos, lingüísticos, xeográficos ou doutro teor. A raia atravesou as terras do antigo reino de Galicia e partiu en dous o territorio constitutivo do protorromance galego, do que logo habían xurdir a lingua galega e a lingua portuguesa; as vicisitudes históricas dunha e outra foron consolidando a raia como unha fronteira tamén lingüística que cómpre estudar con perspectivas renovadas. Mais desde o punto de vista lingüístico a raia ten outra característica non exenta de misterio: distintos estudos mostran que en localidades raianas existen variantes non compartidas nin cos veciños galegos nin cos veciños portugueses, pois só se dan —en Galicia ou en Portugal— lonxe de alí.

Poster: 

Sección