Faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”

Data inicio: 
Martes, Noviembre 11, 2025 - 11:30
Poster: 
Descrición: 
O vindeiro martes 11 de novembro, ás 11:30 h, vai ter lugar no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”, impartido por Alba Díaz Geada (USC).
 
O obxectivo desta actividade, organizada pola Comisión de Xénero e Igualdade do ILG, é reflexionar sobre a Galicia rural durante a ditadura franquista, tomando como referencia os conceptos de muller e rural, cos que se traballan habitualmente nas investigacións do noso centro.
 
É preciso inscribirse para poder asistir a través do formulario ata o luns 10 de novembro ás 12:00 h da mañá. As prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.