Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués

USC. Instituto da Lingua Galega

Galego | Português | English

Condicións de uso

1. A utilización deste corpus implica a aceptación de todas e cada unha das condicións abaixo asinaladas.

2. O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués é o resultado da transcrición, anotación e tratamento informático de obras de léxico dialectal. Os dereitos de autor da ferramenta informática pertencen ao Instituto da Lingua Galega (USC) e a propiedade intelectual do deseño do corpus e manipulación dos datos pertence aos organismos sinalados na páxina inicial do Tesouro. Os dereitos de autor das obras individuais incluídas no Tesouro pertencen aos respectivos titulares, segundo a lexislación de cada un dos países.

3. Permítese a consulta do Tesouro e a utilización dos seus materiais para usos de divulgación, docencia, investigación e persoais. Queda expresamente prohibido o uso con ánimo de lucro sen o permiso previo, expreso e por escrito, da dirección de proxecto ().

4. A utilización deste corpus implica a obriga de citar convenientemente, conforme ao uso científico, tanto o propio Tesouro como cada unha das obras individuais das que proveñen os datos empregados no respectivo traballo ou publicación.

6. Agradécese o envío de copia impresa e/ou dixital de calquera publicación en que sexa empregado o corpus ao seguinte enderezo:

Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués
Instituto da Lingua Galega - USC
Praza da Universidade, 4
ISSN 1988-7345
15782-Santiago de Compostela

© 2019 Instituto da Lingua Galega - USC
ISSN 2659-3173