A aplicación do Tesouro permite consultar e descargar a información contida na base de datos e ademais ofrece unha representación cartográfica dos resultados. A ferramenta ofrece a posibilidade de realizar buscas simples (a partir dunha variante ou dun lema) e buscas avanzadas (utilizando os filtros localización, clasificador semántico e categoría).
Este tipo de busca permite obter información a partir dun lema ou dunha variante. Despois de seleccionar unha destas dúas formas de busca escríbese a palabra completa na caixa ou ben escóllese algunha das formas suxeridas.
A busca por lema serve para recuperar todas as variantes fónicas e gráficas vinculadas cun mesmo lema. As formas constituídas por morfemas derivativos considéranse lemas independentes.
A busca por variante axuda a localizar na base de datos todas as ocorrencias dunha forma gráfica ou fonética precisa.
Os resultados móstranse nunha táboa ordenados alfabeticamente. Debaixo da caixa de resultados preséntase a distribución xeográfica das formas. Á esquerda do caixa de resultados ofrécese unha columna coa información xeral agrupada por clases (localización, campo semántico, lemas e variantes). Estes mesmos clasificadores funcionan como filtros que permiten restrinxir a información ofrecida.
Filtros
Resultados
Mapas
Resultados
Nesta caixa ofrécense os resultados da busca: o texto que aparece na obra orixinal, a información complementaria, a advertencia de se existe un debuxo ou imaxe asociados, a indicación da localización (BR, GL, PT) e a clasificación semántica correspondente. Ó colocar o punteiro sobre cada unha das filas destácase no mapa a localización que lle corresponde. No extremo superior esquerdo da caixa sinálase o número de rexistros encontrados na base. Na esquina superior dereita aparece unha icona que permite o acceso á descarga da información mostrada (resultados e mapas).
A información textual aparece ordenada segundo os seguintes campos:
variante | transcrición fonética| categoría gramatical | definición | exemplos | remisións | referencia bibliográfica| lema | categoría gramatical do lema
Filtros
Nesta área ofrécese un sumario da información correspondente á busca realizada. Esta información aparece agrupada segundo catro criterios: localización (as áreas en que se rexistraron as formas buscadas), campo semántico (os campos semánticos asociados ós resultados), lemas (os lemas correspondentes ás distintas formas) e variantes (as variantes asociadas ó lema). Á dereita de cada criterio aparece aparece un número que indica a cantidade de elementos que figuran en cada grupo. Estes elementos funcionan ó mesmo tempo como opcións para filtrar a información resultante da busca. Por defecto estas opcións están seleccionadas para a primeira busca. Se se desexa desactivar algún dos filtros, só é preciso desmarcar o cadro correspondente.
Mapas
Nesta caixa móstrase sobre un mapa de áreas a distribución xeográfica dos rexistros que figuran na caixa de resultados (concellos para Galicia, municipios para Portugal e mesorrexións para Brasil). Colocando o punteiro sobre as áreas obtense o nome correspondente da división administrativa correspondente. Ó pasar sobre áreas coloreadas (en azul) destácanse nas caixas de Resultados e Filtros os rexistros asociados con esa zona.
A busca avanzada permite consultar a información sobre os lemas e as variantes da base utilizando os filtros de localización (Brasil, Galicia e Portugal), campo semántico (firmamento, tempo cronolóxico, auga, terras de cultivo, etc.) e categoría gramatical (substantivo, adxectivo, verbo, etc.). A consulta pode realizarse escollendo unha ou varias das condicións ofrecidas: todas as variantes asociadas a Portugal, os lemas de Galicia que son adverbios, as variantes de Portugal da clase semántica labores agrícolas e que son substantivos, etc. Ademais da información textual correspondente, tamén se mostra a localización xeográfica das formas.
Resultados
Mapas
© 2024 Instituto da Lingua Galega - USC
ISSN 2659-3173